InicioBARRIOSVolve a Escola Veciñal da FAVA con varias sesións formativas sobre saúde...

Volve a Escola Veciñal da FAVA con varias sesións formativas sobre saúde mental, reciclaxe e ciberdelincuencia

Publicada o

Por editor

A Federación de Asociacións veciñais da Coruña e Área Metropolitana (FAVA Coruña) organiza entre outubro e novembro varias charlas formativas para asociacións veciñais e veciños a título particular dentro do seu programa “Escola veciñal”, correspondentes a este ano 2025.

Un programa, patrocinado pola Xunta e coa colaboración municipal, que ten como obxectivo mellorar a formación e profundizar nun diverso espectro de temas de debate específicos do ámbito do asociacionismo veciñal fomentando un tecido asociativo dinámico e participativo. Nesta edición as entidades participantes son Fundación SALMA, a consultora PERMAE e Policía Nacional, para falar de saúde mental, de reciclaxe e de ciberdelicuencia e delitos informáticos Todo nun formato de charla participativa que sirva para mellorar con expertos tamén o coñecemento de temas puntuais.

Os encontros proxectados no Local da FAVA no Centro Cívico do Birloque son:

  • 27 DE OUTUBRO. 18:30 h., O coidado da saúde mental en comunidade realizado por Ana González da Fundación SALMA.
  • 3 DE NOVEMBRO. 18:30 h., Charla sobre reciclaxe. Dende o proxecto de divulgación ambiental “O camiño sostible” por Andrés Silva Vázquez (biólogo, maestro compostero e experto en residuos)
  • 17 DE NOVEMBRO. 18:30 h., Charla sobre ciberdelincuencia e delitos informáticos realizada pola Policía Nacional

ÚLTIMAS

Desestiman o recurso de Defensa do Común: Poderán reanudarse as obras da urbanización de luxo da Maestranza

As obras poderán volver á parcela da Maestranza para continuar coa urbanización de luxo...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here