InicioPOLÍTICAJorquera critica o concurso oposición de 21 prazas na Coruña con 12...

Jorquera critica o concurso oposición de 21 prazas na Coruña con 12 días de prazo

Publicada o

Por editor
O candidato do BNG á Alcaldía, Francisco Jorquera, defendeu que as políticas de contratación desde o Concello sexan sempre “transparentes e previsíbeis”, para garantir o respecto á igualdade de oportunidades entre persoas. “A política de contratación ten que ser sempre transparente e previsíbel. Cónstanos que neste momento hai indignación en moitas persoas que pensaban concorrer ao concurso oposición que o Goberno Local ten convocado para prover 21 prazas de técnico administrativo xeral”, dixo Jorquera.
Jorquera, que acudiu á convocatoria do Foro Cívico para ofrecer unha conferencia dentro dos actos do 28M, destacou que a indignación prodúcese porque o concurso oposición se convocou o día 3 de maio e a data para o primeiro exame fixouse para o día 15, isto é, con moi poucos días para a preparar. “Como a convocatoria do concurso se ía demorando”, explica Jorquera, “a grande maioría das persoas aspirantes esperaban que ficase xa para despois das municipais. A sorpresa foi moi grande cando se convoca o día 3 e se coloca o primeiro exame para o día 15”, dixo.
“Non só median moi poucos días entre a convocatoria e o primeiro exame, senón que nin sequera está constituído o tribunal da oposición, o cal non ten ningún sentido”, denunciou o candidato nacionalista. “Sospeitas de que se fan as cousas así porque hai algúns que xa sabían a data en que que se ía convocar o primeiro exame cando a inmensa maioría dos aspirantes loxicamente o ignoraban. Se as cousas se fan así, as sospeitas son absolutamente inevitábeis”, razoa Jorquera.

ÚLTIMAS

Cambian a arboreda de Ramón del Cueto

Arrincou hoxe o programa de substitución das árbores da rúa Ramón del Cueto, ao...

O eclipse a candidatura á Rede de Cidades Creativas da UNESCO, as liñas turísticas que o Concello presenta en FITUR

O Concello da Coruña non faltou a FITUR. Sen a involucración do ano pasado,...

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as...

O CITIC da UDC será a sede para unha conferencia sobre o enfoque científico-práctico para “a IA verde”

O Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC) acollerá o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here