InicioMOV. SOCIAISTraballar@s do Eroski-Familia manifestáronse este domingo polas rúas da Coruña

Traballar@s do Eroski-Familia manifestáronse este domingo polas rúas da Coruña

Publicada o

Por editor

Reclamar unhas condicións salariais e laborais dignas foi a reivindicación principal da manifestación desenvolta este domingo na Coruña polas traballadoras do Eroski-Familia. Traballadoras das pronvicias da Coruña e Pontevedra levan meses de mobilizacións demandándolle á empresa que regrese ao convenio do comercio de alimentación, do que saíu no ano 2006 para pasar a aplicar un convenio propio de condicións inferiores negociado en Madrid.

Lembran que as condicións de Vegalsa son “os máis baixos de todo o sector” e ademais “é a empresa que ten as peores condicións laborais”.

Dende a CIG critican que as suba salarial obrigada por lei “non incorporou sequera o plus de transporte que recolle o convenio de grandes almacéns, o que lles permitiría cobrar 1000 euros máis ao ano”.

Máis xornada anual e menos licencias

Denuncian que “traballamos 70 horas máis ao ano ao non computársenos como tempo efectivo de traballo os 20 minutos de descanso; non temos recoñecidos os tres días de asuntos propios, nin o dereito a coller tres sábados ao ano sen que se nos mova o resto do calendario; e incluso a redución da xornada por garda legal só se permite até que a crianza cumpre os 12 anos”.

Por iso, xa avanzan que continuarán coas mobilizacións porque “nós o que queremos é cobrar e ter as mesmas condicións que as compañeiras de Gadis ou Froiz”.

ÚLTIMAS

Viñetas desde o Atlántico enche A Coruña de banda deseñada con máis de cen actividades e 24 exposicións

O festival Viñetas desde o Atlántico celebra unha nova edición na Coruña coa memoria...

O Noroeste ábrese a novos públicos

Queirámolo ou non moitos da xeración dos 80-90, o Festival Noroeste xa non é...

Evacuada en helicóptero unha muller de 85 anos tras ser rescatada inconsciente na praia de Mera

Os servizos de emerxencias rescataron e evacuaron en helicóptero medicalizado unha muller de 85...

Novas alegacións veciñais e políticas contra a urbanización do Parque da Agra

Tralas alegacións respaldadas por máis de 5.800 presentadas pola veciñanza do barrio, tanto a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here