InicioBARRIOSArrinca a gran FoliAgra

Arrinca a gran FoliAgra

Publicada o

Por editor

O barrio máis poboado da cidade, ten preparada unha boa troula para este mes de xuño. Este venres comeza a FoliAgra, a festa tradicional do barrio, cun programa pensado para grandes e crianzas: xogos tradicionais e espectáculos de maxia para as crianzas, pasarrúas e cantos de taberna nas fins de semana de todo o mes e poñemos o ramo con dous concertos o 25 de xuño.

O barrio prepárase para un mes de cantar, bailar e tomar uns aperitivos ou xantar calquera sábado e domingo do mes de xuño coas Ruadas entre as 12 e as 14:30 h.. Os pasarrúas encherán as rúas de música e baile tradicional: sairán da praza das Cunchiñas e irán percorrendo as rúas anexas con música e pezas de baile.

A xente do barrio é consciente da carencia dun espao público onde organizar unha festa ao aire libre (de aí a necesidade do parque da Agra no Campo da Burra) por iso recorren aos centros de ensino para os actos das crianzas, ao Ágora para o concerto principal

Podes ver aquí toda a programación e poden localizar no mapa os diferentes eventos da FoliAgra 2023 coa información actualizada.

FoliAgra das CRIANZAS

C.E.I.P. Raquel Camacho

  • 2 de xuño, venres: Eira Xandobeleira (xogos tradicionais)
  • 9 de xuño, venres: tres funcións dun espectáculo de maxia, con Martín Camiña/Fani Triana

CEIP María Barbeito e Cerviño

  • 9 de xuño, venres: Eira Xandobeleira (xogos tradicionais)
  • 19 de xuño, luns: tres funcións dun espectáculo de maxia, con Martín Camiña/Fani Triana

RUADAS (das 12 ás 14:30 h) Saída dende a Praza das Cunchiñas

  • sábado 3: Herba Grileira
  • domingo 4: Orballo
  • sábado 10: Donaire
  • domingo 11: Santaia
  • sábado 17: Cántigas da Terra
  • domingo 18: Cántigas e Frores
  • sábado 24: Ancoradoira

CONCERTOS: 25 de xuño no auditorio do Centro Ágora (entrada libre e de balde)

  • A partir das 12 h: Banda Municipal da Coruña
  • Ás 19 h: Tiruleque

CANTOS DE TABERNA (das 20 ás 23 h.) os grupos actúan durante 30 minutos en cada local

  • sábado 3 de xuño: cos grupos Tradivivas Agra; Vento Mareiro; Tombalobos; Raíñas ao lado de..; Cantareiros do Naval; nos seguintes locais: Adega Cacabelos; Cafetaría De Juanes; Adega A Grade; Cafetaría D’ylons; Cafetaría Coruña.
  • sábado 17 de xuño: cos grupos Son d’aquí; Parabéns; Raíñas ao lado de..; Cantareiros do Naval; Birloque Gaiteiros; nos seguintes locais: Cafetaría Perejil; Bar Vecino; Bar Ordenes; Bar O Meu Bar; Cafetaría Bendito Café.

ÚLTIMAS

Unha nai fará folga de fame na Xunta para que dea educación especial ao seu fillo, sen ela desde hai 14 meses

A coruñesa Carmen Villar porase en folga de fame desde este luns fronte a...

Este luns trasládase a parada de bus metropolitano para a peonización de Entrexardíns

Este luns 13 de abril a parada de bus metropolitano de Entrexardíns trasládase á...

Ferido un neno de 10 anos nun atropelo na Coruña que lle fracturou unha perna

Un neno de 10 anos foi ferido, cunha fractura nunha perna, nun atropelo ocorrido...

O cambrés Sergio de la Iglesia Varela supera adversidades para competir en motociclismo a nivel estatal

Novo programa de SKPMotor CuacFM xa nas redes e na web de CUAC.FM. Tralo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here