InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOCritican a "inactividade" municipal cos Murais de Lugrís

Critican a “inactividade” municipal cos Murais de Lugrís

Publicada o

Por editor

A asociación cultural O Mural acaba de presentar á Valedora do Pobo unha queixa sobre a “deixamento do Concello da Coruña na protección dos frescos que Urbano Lugrís pintou na rúa Olmos, 25-27 da Coruña”

“Malia a situación crítica na que se atopa o edificio, consonte o informe do propio arquitecto municipal; a necesidade dunha intervención urxente para restaurar os murais, tal e como aconsellou ó Concello a restauradora á que encomendou o estudo dos frescos; e o reiterado incumprimento da propietaria do edificio aos requirimentos municipais; a administración local aínda non exerceu a súa facultade de execución das obras precisas para asegurar a estabilidade do edificio e a conservación dos murais”, critican dende a entidade.

“Tanto a propietaria do inmoble, en concurso de acredores, como a asociación O Mural, tras comprobar que concorren todos os requisitos normativos, solicitaron que o Concello comezara as obras necesarias para evitar que se agraven os xa importantes danos que están a sufrir os frescos abandonados polos seus propietarios nunha casa cun deplorábel estado de conservación que ameaza ruína”.

Pero lamentan que xa pasaron máis de 3 meses dende de que O Mural solicitara que o Concello asumira as obras, polo que “ante a inactividade da administración, a asociación solicitou a intervención da Valedora do Pobo para que a alcaldesa xustifique a súa actitude, que está a causar graves danos no patrimonio cultural de Galicia”.

 

ÚLTIMAS

O PP recupera a Alcaldía de Carral tras unha moción de censura ao rexedor de Alternativa dúas Veciños

José Luís Fernández Mouriño (PPdeG) é desde este mércores o novo alcalde de Carral...

Advirten do aumento da pobreza crónica e invisible na Coruña

Semella certo que a cantidade de recursos cos que conta a cidade da Coruña...

Obras en Castro de Elviña e recuperación da Cidade Vella, eixos do Plan de Barrios

O Plan de Barrios 2025-27 do Concello da Coruña conta "con máis de medio...

Aberta a inscrición para roteiros didácticos para usuarios de BiciCoruña

A asociación Mobi-liza, promotora da pioneira Escola da Bici, está a organizar, no marco...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here