InicioBARRIOSA sardiñada de Santa Margarida prendeu o primeiro lume do #SanXoán

A sardiñada de Santa Margarida prendeu o primeiro lume do #SanXoán

Publicada o

Por editor

Arrincou o completo programa deste San Xoán da Coruña, e fíxoo cunha festa fermosa e chea de xente na sardiñada popular do parque de Santa Margarida.

A sardiñada arrincaba ás 19.00 horas do sábado, con 500 quilos de sardiña fresca, o equivalente a unhas 3.500 racións, que incluíron sardiñas, pan e bebida.
Ademais, e xa desde primeira hora, gaiteiros pertencentes á Asociación Cultural Xacarandaina amenizaron o evento, que se prolongará ata case a medianoite de hoxe, coa actuación final dun DJ.

Os festexos desta xornada estendéronse tamén ao anfiteatro do parque, onde ás 18.00
horas comezou unha foliada infantil con Xacarandaina, Son D’Aquí e San Pedro de Nós.
A música tradicional non parou ata ben entrada a noite, coa foliada de varios grupos das asociacións Xacarandaina, Donaire, Santaia de Santa Cruz, Abaladeiras de Muxía, Santiaguiños de Boimorto, Cantigas e Agarimos de Santiago, Arume de Caión, Alxibeira de Narón e Carcaxía de Malpica.

Este domingo, e a modo de clausura, tivo lugar tamén lugar a Romaría do Lecer, un festexo organizado pola Asociación Cultural Xacarandaina en colaboración co Concello. C

 

Máis info

ÚLTIMAS

Monte Mero contará con 4.397 vivendas e un investimento autonómico de 66 millóns

O barrio coruñés de Monte Mero contará con 4.397 vivendas, das cales 3.521 (un...

O Porto da Coruña instala corenta placas para concienciar sobre o coidado do mar

A Autoridade Portuaria da Coruña iniciou unha acción de sensibilización cidadá coa instalación de...

As VTC volverán copar o pleno

A nova mobilización dos taxistas da pasada semana volve traer á actualidade a problemática...

A CRMH esixe a Defensa que retire o nome do xeneral Juan Yagüe dunha sala da Capitanía da Coruña

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) dirixiu un escrito ao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here