InicioA CORUÑAO Coliseo do San Xoán

O Coliseo do San Xoán

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Dende a atalaia do paseo marítimo vemos aos gladiadores prepararse para a gran batalla. Son ás 19:00h da tarde do 23 de xuño, e o areal do Orzán semella o Coliseo preparándose para o Circo Romano. Mentres a mocidade quece motores aló embaixo, acoirazados nas súas parcelas, os menos novos e as familias ollan dende as bancadas aos que serán protagonistas deste espectáculo nocturno.

Xa non son as batallas de antano… Facemos nosas moitas das reflexións de Tito Pérez sobre o San Xoán que foi e non volverá. Pero se cadra aquel San Xoán dos 90 igual é demasiado heavy para os tempos que corren… A día de hoxe, a concentración parcelaria na que se teñen convertido as dúas praias da cidade nesta festa, é moito máis organizada. A mocidade madruga (ou máis ben trasnoita cun día de antelación) para reservar cadanseu espazo, deixando unha estampa moito máis ordeñadiña tanto pola tarde, como pola noite. Dende as bancadas do circo albíncanse espazos de cor area que non antes non existían.

Tarde de San Xoan na praia do Orzan-Coruna
Tarde de San Xoán no Orzán
Noite de San Xoán no Orzán
Noite de San Xoán no Orzán

Xa non son as batallas de antano, pero percíbese o mesmo feitizo, os mesmos sorrisos, os saltos ás cacharelas, os mesmos abrazos aló embaixo, entre esa xuventude que disfuta da noite máis máxica do ano, nesa na que pasan as cousas que nunca pasarían un sábado de outubro.

Xa non son as batallas de antano… Agora, os que xa non somos tan novos (dos 30 aos 50elongos), e que vivimos aqueles anos 90 (a primeira vez que as fogueiras se trasladaron dos barrios á praia foi no 1992), aqueles comezos desta Festa de Interese Turístico Internacional que abre hoxe os telediarios estatais, quedamos polas prazas, #birraenman, a golpe de sardiña, choripán e musiqueo. Xa non estamos para baixar ao barro.
Si que chegadas ás 23:30h, moitas familias deixan a mesa da terraza ou o prato de plástico cos restos de sardiña no lixo, e comezan a baixar cara a praia. É un espectáculo do circo, ao fin e ao cabo, para todos os públicos.

Xa non son as batallas de antano…

Sardinas de San Xoan

MÁIS NOVAS DO SAN XOÁN

ÚLTIMAS

Un Xulgado declara procedente o despedimento do líder do Sindicato da Limpeza tras a folga do lixo de 2024

O maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña declara procedente o despedimento...

Monte Alto: Xa funcionan as escaleiras de Adelaida Muro

"Aleluya", sinalaban alegres varias veciñas esta mañá de luns 20 de outubro ao ver...

O BNG e Sumar tamén denuncian o polémico concurso da Fundación Luís Seoane

Despois da denuncia realizada no Xornal da Coruña polo concurso dunha praza de directora...

Volve a Escola Veciñal da FAVA con varias sesións formativas sobre saúde mental, reciclaxe e ciberdelincuencia

A Federación de Asociacións veciñais da Coruña e Área Metropolitana (FAVA Coruña) organiza entre...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here