InicioARTEIXODeteñen un coruñés que viaxaba nun ciclomotor pola AG-55, sen carnet e...

Deteñen un coruñés que viaxaba nun ciclomotor pola AG-55, sen carnet e quintuplicando a taxa de alcol permitida

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia investigou a un home como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria. Usuarios da AG-55 alertaban á Garda Civil da presenza dun ciclomotor que circulaba de forma irregular polaautoestrada en dirección Carballo.
Os gardas civís iniciaron de inmediato a busca deste vehículo, interceptándoo no quilómetro 6 da devandita estrada, no termo municipal de Arteixo.

O home, veciño da Coruña viaxaba por unha vía na que non se permite ciclomotores de 50ccc, carecía de carnet de conducir e quintuplicaba a taxa máxima de alcohol permitida (1,20 mg/l no aire exhalado no primeiro e 1,19 mg/l no segundo).

O Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia lembra que a condución baixo os efectos de bebidas alcohólicas inflúe negativamente na condución e pode levar a pena de prisión se se supera un nivel de 0,60 mg/l no aire exhalado.de 3 a 6 meses, de 6 a 12 meses de multa ou traballo en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e en todo caso e en todo caso, con privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por un período de tempo superior a un e ata catro anos. .

ÚLTIMAS

PSOE e BNG sacan adiante o Plan de urbanización do Parque da Agra coa oposición do PP e da veciñanza

Cunha concentración de veciños e veciños da Agra ás portas do Palacio de María...

Detido un home tras un apuñalamento nos Mallos

Un home foi detido por apuñalar outro durante unha disputa en A Coruña, segundo...

Galicia Design Week: Achegar o “bo deseño” aos ollos da cidade

A Coruña prepara a mirada para aprender do “bo deseño” na sétima edición da...

Cano incluirá A Coruña na súa xira estatal de 2027 co ‘Anais Tour’

A Coruña será unha das dez cidades da xira estatal de 2027 de Cano,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here