InicioSOCIEDADEA Coruña, a quinta cidade española con máis atrasos xudiciais

A Coruña, a quinta cidade española con máis atrasos xudiciais

Publicada o

Por editor

A cidade da Coruña é, das galegas, a que acumula un maior número de asuntos en trámite, cunha media de 966 casos atrancados por xulgado no seu partido xudicial ao peche de 2022, o que a sitúa, ademais, como a quinta gran cidade de toda España máis atrancada.

Pola contra, Ourense é a única cidade de Galicia que reduciu o seu atasco xudicial nos últimos 5 anos (-1,6%) e unha das que ten menor taxa de conxestión de España (540 casos pendentes por xulgado).

En Galicia o atasco xudicial creceu nun 31% e 40.000 casos máis noS últimos cinco anos. Os 167.189 asuntos pendentes “representan a cifra máis elevada da súa historia”, recolle o estudo, que tamén pon en evidencia que o de Ferrol é o partido xudicial con peor evolución 2017-22, cun crecemento do 79% do seu atasco.

En Vigo, a maior cidade galega, os asuntos atrancados alcanzan os 20.508 casos, cun crecemento do 33,5%; e por encima da media galega sitúase tamén Santiago, onde só os casos pendentes a final de 2022 “implicarían un ano enteiro de traballo”.

ÚLTIMAS

A Rolda da Pasaxe cortarase integramente ao corte de tráfico do 30 de marzo ao 1 de abril polos accesos ao ‘Novo Chuac’

O plan de mellora de accesos ao complexo hospitalario da Coruña (Chuac) obrigará ao...

Un sábado diferente no Centro Oceanográfico da Coruña

Cita esta fin de semana arredor do Centro Oceanográfico A Coruña. O espazo, situado...

Finde de cervexa e foliada en Azcárraga polo San Patricio

A praza de Azcárraga, na Cidade Vella, será o epicentro das celebracións de San...

As razóns da Plataforma polo Dereito á Vivenda para concentrarse na Agra do Orzán

Este sábado 14 de marzo, ás 12:00h nas Conchiñas, a Plataforma polo Dereito á...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here