InicioSOCIEDADEColexios da Coruña abrirán os seus patios en horarios non lectivos para...

Colexios da Coruña abrirán os seus patios en horarios non lectivos para fomentar hábitos saudables durante o curso 23/24

Publicada o

Por Colexios da Coruña abrirán os seus patios en horarios non lectivos para fomentar hábitos saudables durante o curso 23/24

Centros públicos de educación primaria da cidade da Coruña abrirán os seus patios en horarios e períodos non lectivos para fomentar hábitos saudables durante o curso 2023/2024.  E é que A Coruña é o primeiro municipio galego que se suma a un programa do Ministerio de Sanidade e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil que ten por obxectivo a redución da obesidade entre nenos.

A iniciativa, denominada Patios abertos ‘En plan ben’, enmárcase no plan estratéxico nacional para a redución da obesidade infantil e busca fomentar os estilos de vida saudables na infancia, aumentar a oferta de lecer activo educativo en horarios e períodos non lectivos –que é cando máis se incrementa a desigualdade–, reducir as desigualdades en saúde e benestar e xerar espazos que promovan a sociabilidad e a cohesión social.

Para cumprir estes obxectivos abriranse os patios dos centros públicos de educación primaria para que os nenos realicen actividades de lecer activo dinamizadas por persoal cualificado e de forma gratuíta. Ademais, ofreceranse formacións tanto a familias como á comunidade educativa destinada a fomentar estilos de vida saudable.

PRESENTACIÓN Á FEGAMP

Este venres, o ministro de Sanidade, José Miñones; o presidente da Fegamp, Alberto Varela; o director do Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, Albert Arcarons; e o director da Fundación CSAI, Óscar Díaz García, presentaron o programa na sede da federación galega de municipios e provincias.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...