InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODenuncian que case se duplicaron os níveis de ruído permitidos no parque...

Denuncian que case se duplicaron os níveis de ruído permitidos no parque de Bens durante o macrofestival

Publicada o

Por editor
O macrofestival Wake up & Dream, de música techno, que se celebrou no Parque de Bens tamén tivo un importante impacto neste espazo. Así defende Ecoloxistas en Acción A Coruña, que xa viña advirtindo dende fai varias semanas que o macrofestival tería unha gran pegada ambiental, afectando gravemente á biodiversidade do parque, no que viven especies protexidas como o Lagarto Arnal, así como na contorna do parque, onde se poden atopar as Illas de San Pedro, consideradas Espazo Natural de Interese Local.
Ecoloxistas en Acción confirmou os temores de contaminación acústica facendo medidas arredor do parque, onde chegaron a alcanzarse cotas superiores ós 100dB, moi superiores a os permitidos nunha zona que conta especial protección contra o ruído, limitando a 60dB o máximo de sonido, para protexer á súa fauna.
Segundo o grupo, isto afectou a varias especies de aves que non puideron realizar a cría, “sen contar con todas as especies que poideron morrer a causa da actividade humana e a constante vibración do solo provocada pola música”. “O martilleo era constante, escoitabase dende a urbanización dos Rosais sen problemas, e as nosas medicións estaban limitadas ás zonas periféricas do Parque de Bens, xa que este se atopa pechado ao acceso público, con toda seguridade no propio parque as medidas terían sido superiores”, di.
O acceso ao recinto do Parque natural de Bens estivo totalmente restrinxido durante o transcurso do macrofestival, “pechouse todo o parque, público, que ten un área de 600 mil metros cadrados, cando a zona do festival, que é organizado por unha empresa privada para o seu lucro, ocupaba menos do 5% do mesmo”.
E, segundo Ecoloxistas en Acción, ese 5% por cento foi o mais afectado. “Pódese apreciar perfectamente a zona que ocupou o festival pola degradación do solo, foi como se pasase atila, non quedou nada vivo na zona, toda a zona axardinada vai ter que ser recuperada, se o é, e iso pode custar mais cartos para a cidadanía”, critica.
Outra das súas queixas foi a falta de transparencia do concello respecto do tema. Nas pasadas semana, a alcaldesa Inés Rey asegurou que o macrofestival contaba con todos os requisitos para a súa realización, cousa que dende a organización poñen en dúbida, xa que se trata dunha zona de especial contra o ruído. Os ecocoloxistas critican que non foron capaces de acceder ao informe ambiental que é necesario para a realización nunha zona natural como o Parque de Bens, “ata onde sabemos, é posible que tal informe nunca se realizase”.

ÚLTIMAS

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here