InicioMOV. SOCIAISO Estado pecha de novo e pon vixilancia 24 horas no Cárcere...

O Estado pecha de novo e pon vixilancia 24 horas no Cárcere Vello

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Unha semana despois da nosa publicación sobre a apertura do Cárcere Vello por parte de dous activistas, e trala visión rancia doutros medios da cidade, o goberno estatal vén de decidir volver a pechar e poñer seguridade na antiga Prisión Provincial.

Os dous activistas abriron as portas, desaloxaron a xente que estaba consumindo dentro, e realizaron unhas labores de limpeza de rescoldos importantísima, para denunciar o abandono dun edificio tan emblemático.
Antonte, Policía Local e Policía Nacional, que xa visitaran nos dous últimos meses aos activistas, desaloxaron aos activistas, que “abandonaron o edificio sen obxección ningunha”.

Mentres a burocracia se enreda, a propietaria Sociedade de Infraestructuras y Equipamientos Penitenciarios e da Seguridade do Estado (Siepse), recupera a vixilancia durante 24 horas. Unha vixilancia que xa estaba efectiva o ano pasado, pero dende que expirou o contrato o pasado mes de decembro, o Cárcere Vello quedou sen control. “Por motivos de seguridade tanto das persoas que se atopaban no interior como das que puideron acceder, tomáronse as medidas correspondentes”, explican dende a Delegación do Goberno.

Mentres, o edificio espera que políticos e administracións cheguen a un acordo para darlle unha nova vida ao edificio. O pasado ano Estado e Concello chegaban a un acordo extraxudicial, polo que o Concello faríase coa propiedade pagando 2,3 millóns ao Goberno Central, pero PP e BNG votaron en contra deixando claro que dúas administracións non poden especular cun edificio patrimonbial como este, esixindo a cesión gratuita para que o Concello rehabilite e poña en mans da cultura e a cidadanía o edificio.

Máis info

 

ÚLTIMAS

As crianzas dos Rosais e Monte Alto rematan o curso cun agasallo moi especial feito por persoas privadas de liberdade

Especial fin de curso para a rapazada dos CEIP Emilia Pardo Bazán e CEIP...

O Museo de Belas Artes acolle xa a mostra que reivindica todo o universo creativo de Díaz Pardo

Inaugurouse onte no Museo de Belas Artes da Coruña a mostra 'A barca de...

Interceptado ao volante en Arteixo sen carné e cuadriplicando a taxa de alcoholemia

A Garda Civil investiga a un condutor de 38 anos de idade como presunto autor de dous...

Mobilízanse contra a OPA hostil do BBVA ao Banco Sabadell

Fartos estamos os ouvintes radiofónicos das leas entre bancos. E fartos están os profesionais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here