InicioCULTURAAs Embarcacións Tradicionais enchen Sada de historia

As Embarcacións Tradicionais enchen Sada de historia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa está en marcha o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se inauguraba este xoves, no porto de Fontán, en Sada. Alí tivo lugar, ás 18 horas, a recepción de autoridades, á que seguiu unha navegación a bordo do Joaquín Vieta e o Piueiro.

A continuación comezou, no pavillón do Patrimonio, o acto oficial de inauguración, no que tomaron a palabra o presidente de Culturmar, José Luis Sacau, e o presidente de Os Patexeiros, Miguel Martínez Modroño, ademais do deputado provincial Xosé Penas Corral, o director xeral de Comercio, Manuel Heredia, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e mais o alcalde de Sada, Benito Portela.

Ao longo desta fin de semana 106 barcos procedentes de toda Galicia participarán nesta singular concentración de embarcacións tradicionais. Dornas, botes polbeiros, galeóns, gamelas ou bucetas de orixe galega e tipoloxías propias de Cataluña, Euskadi e ata de Irlanda reuniranse na vila coruñesa a partir do xoves. Algunhas delas xa chegaron hoxe ata o porto de Fontán no III Convoi Tesa a Escota Proa a Sada, que navegou dende Muros, pasando por Corme, durante a fin de semana. Foron oito as embarcacións que fixeron xuntas o percorrido: Xeiteira Canle, Dorna de tope Lavanqueira, Dorna nai, Galeón Eliseo, Racú Laberco, Balandro Joaquín Vieta, Galeón Ave de Paso e Dorna nai Uxía. A elas uníronse media ducia de barcos dende Ferrol e localidades cercanas. Na vila xa estaban atracadas a Irmandiña e a Meca, do Grove, e o Luísa Tres, de Combarro.

O programa

O programa inclúe diversas actividades, tanto en terra, como concertos, obradoiros para a cativada, presentación de libros ou exposicións, como en mar, como navegacións pola costa sadense e as localidades próximas durante as catro xornadas, así como unha concentración e exhibición dos participantes no porto de Fontán, visitas guiadas ao interior dos barcos e un bautismo de mar de novas embarcacións.

ÚLTIMAS

A alcaldesa da Coruña pídelle “altura de miras” ao BNG tras deixala plantada para negociar os orzamentos de 2027

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, convocará o PP para negociar o...

O persoal municipal de Cambre retomará as mobilizacións ante “incumprimentos” en materia laboral

O persoal municipal do Concello de Cambre (A Coruña) retomará as mobilizacións "ante a...

O Parlamento pide reforzar a presenza policial nas zonas da Coruña con maior incidencia delitiva

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores unha iniciativa do PPdeG para pedir ao...

Sumar e Podemos poñen a posible licenza das Percebeiras como unha proba da posible alianza PSOE-PP na cidade

Despois do tira e afloxa protagonizado xa por PSOE e BNG sobre a improbable...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here