InicioCULTURAAvances para declarar ao Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside como...

Avances para declarar ao Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside como Ben de Interese Cultural

Publicada o

Por Ángela Precedo

O Diario Oficial de Galicia publica este venres a resolución de incoación para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) o Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside, na categoría de monumento, e a súa colección de arte composta por máis de 1.500 pezas.

Esta resolución supón a aplicación provisional do réxime de tutela previsto na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia e, por tanto, “a protección inmediata tanto da edificación proxectada polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat e ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo como das pezas artísticas“.

Tal e como se recolle na resolución, o expediente fundaméntase no “valor cultural singular” destes elementos, no seu “destacable interese arquitectónico e artístico” e no seu papel para explicar “a historia da arte galega contemporánea”.

En concreto, no caso do edificio, á hora de incoar o expediente tívose en conta a singularidade e relevancia deste inmoble que comezou a proxectarse no ano 1974 como un fito da arquitectura contemporánea.

Pola súa banda, no tocante á colección Sargadelos-Carlos Maside, sublíñase o seu valor singular tanto en termos históricos e artísticos como documentais, a través de máis de 1.500 pezas.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here