InicioBARRIOSPiden máis vixilancia nos barrios

Piden máis vixilancia nos barrios

Publicada o

Por editor

A veciñanza dos barrios de Elviña, Novo Mesoiro, Someso, O Martinete, Matogrande, e Barrio de las Flores, realizaban onte unha concentación diante do Club Financieiro para solicitar unha solución á problemática do aumento da delincuencia.

Unhas 200 persoas alzaron a voz para esixir máis presenza policial ante os numerosos roubos na zona, e aseguran que están pensando en poñer en marcha patrullas veciñais.

 

Aproveitou o grupo do PP para manter unha reunión coa veciñanza, e poñer de manifesto os problemas da “ocupación”. O voceiro Popular Miguel Lorenzo considera necesario, como os veciños, “máis policía municipal e nacional, recupera a Policía de Barrio e moito máis coordinación entre administracións”, polo que lle demanda ao Goberno medidas municipais e da Delegación para devolver a seguridade aos barrios. Así, asumirá as demandas de
asociacións veciñais e levará o asunto ao pleno, no que pedirá, entre outras cousas “un teléfono para queixas de okupas” ou un “rexistro municipal de vivendas okupadas”.

ÚLTIMAS

O litoral da Coruña permanecerá en aviso amarela por vento este fin de semana

O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo...

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais...

Absolta unha médica do Chuac condenada a cárcere por consultar o historial clínico dunha compañeira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu unha médica do complexo hospitalario...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here