InicioSOCIEDADEA comisión de festas de Santa Cruz critica ao Concello de Oleiros...

A comisión de festas de Santa Cruz critica ao Concello de Oleiros polas multitudinarias pelexas

Publicada o

Por europapress

A comisión de festas de Santa Cruz, no municipio coruñés de Oleiros, vinculou as pelexas ocorridas durante a celebración das mesmas con “cuadrillas alleas ao municipio“, á vez que reclama máis policía e denuncia “falta de supervisión municipal”.

Nun comunicado, lamenta “profundamente” os feitos ocorridos en senllas noites, nunha con agresión con arma branca a un mozo, e vincula as pelexas con “cuadrillas” de fóra do muncipio “que se citaron para pelexar durante a celebración das nosas festas”.

Fano despois de que se producisen senllas pelexas protagonizadas por mozos, nalgún caso coa participación dunha trintena, e de que houbese, ademais, un ferido con arma branca e outro ao que romperon a mandíbula ao querer roubarlle un móbil, segundo denunciou a familia.

A comisión de festas, que incide en que son un grupo de voluntarios e que non reciben apoio económico máis que a cesión de material, expresa o seu apoio ás familias afectadas polas agresións e ínstalles a contactar coa citada comisión “para tomar as decisións que consideren oportunas”.

Púxose en perigo a seguridade das persoas asistentes ao evento e de todos os veciños de Santa Cruz por decisións que entendemos neglixentes por parte do goberno municipal”, do que asegura que faltou “supervisión municipal” nos días previos á celebración das citadas festas.

Ademais, sostén que os membros da Policía Local “estaban totalmente desbordados por contar cun número ridículo de efectivos”. Sobre a súa actuación, mostran o seu agradecemento ao labor e apostilan que, ao seu xuízo, foron “unhas vítimas máis dunha xestión neglixente por parte das autoridades municipais”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa da Coruña alerta sobre a cifra “insoportable” de vítimas de violencia de xénero

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "insoportable" a cifra de...

Inés Rey manifesta o apoio dos socialistas coruñeses a Pedro Sánchez, pero pide rexeneración

A alcaldesa da Coruña e secretaria xeral dos socialistas coruñeses, Inés Rey, trasladou o...

A CRMH pide cumprir os prazos legais no Pazo de Meirás

A CRMH da Coruña acaba de presentar escritos diante da Dirección Xeral de Promoción...

Comezan os preparativos para os concertos no peirao de Calvo Sotelo

O peirao de Calvo Sotelo permanece pechado ao acceso público con motivo do comezo...