InicioCULTURAA Casa do Mapa da Coruña ofrece o novo servizo de impresión...

A Casa do Mapa da Coruña ofrece o novo servizo de impresión para o Mapa á Carta

Publicada o

Por editor
A Casa do Mapa da Coruña ofrece o novo servizo de impresión para o Mapa á Carta. Trátase dunha aplicación web que ofrece un amplo abanico de posibilidades de uso da cartografía do IGN e na que o usuario pode configurar a localización dos seus mapas, a escala e a cartela, así como debuxar e engadir rutas. Está dispoñible en castelán, galego, catalán, eúscaro e inglés.
A nova aplicación permite aos usuarios xerar mapas e fotos aéreas personalizadas e situadas en calquera localización dentro do territorio, de modo que pasa de ser un lector de cartografía a ser un deseñador dos teus propios mapas e fotos áreas, utilizando como base o Mapa Topográfico Nacional 1:25.000 ou 1:50.000 do IGN, ou as fotos aéreas do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA)
Deste xeito pódense localizar e centrarse na zona do territorio que se desexe, cambiar a escala e engadir distintas cuadrículas, personalizar a cartela, título e subtítulo, debuxar puntos, liñas e polígonos que poden ser rotulados, ou ben inserir outros datos xeográficos propios ou incorporar directamente as rutas de lecer e tempo libre do Centro de Descargas do CNIG.

ÚLTIMAS

U-lo Mundial? “Tranquilidade”

Moito se fala estes días na cidade do Mundial 2030. E máis que se...

A ANPA do CEIP Prácticas a Paula Prado: “Isto só acaba de comezar”

Está inmerso o PP e concretamente a súa Secretaria Xeral Paula Prado, nunha campaña...

Jorquera anuncia que non será candidato do BNG nas Municipais de 2027

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá que non vai...

Comezan as demandas obras de humanización da rúa Ángel Rebollo, en Monte Alto

Leva anos a veciñanza de Monte Alto denunciando o lamentable estado da rúa Ángel...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here