InicioBARRIOSMil deportistas na Volta a Oza

Mil deportistas na Volta a Oza

Publicada o

Por editor

Seguen sendo todo un éxito as probas por barrios da campaña Coruña Corre. Este domingo, a popular Volta a Oza congregaba máis dun milleiros de persoas, convertendo a contorna do parque de San Diego nunha gran festa para nenos e adultos.


O percorrido da proba absoluta, de 6.250 metros, comezou no treito de acceso ao parque de San Diego e tras, a primeira rotonda entre a rolda de Outeiro e a avenida do Exército, seguiu pola rúa Alejandro Barreiro Noya, subindo posteriormente pola avenida da Pasaxe e a avenida da Concordia.
No seu camiño, as e os participantes pasaron tamén pola contorna do IES Monte das Moas, o parque de Eirís, a avenida de Casanova de Eirís e Antonio Ríos, bordeando posteriormente o IES de Monelos pola rúa Montes para descender, a continuación, polas sendas do parque de Oza. Xa aí comezou o treito final, con subida pola rolda de Outeiro para voltar ao punto inicial, o parque de San Diego.

Na categoría absoluta os gañadores foron Álvaro Presedo (21:51 minutos) e Inés Papín (27:29 minutos)

Quedan dúas carreiras

De aquí a fin de ano están previstas outras dous antes de que
remate o ano: a carreira popular do Ventorrillo, o 22 de outubro; e a carreira popular de
Novo Mesoiro, xa o 26 de novembro.

ÚLTIMAS

U-lo Mundial? “Tranquilidade”

Moito se fala estes días na cidade do Mundial 2030. E máis que se...

A ANPA do CEIP Prácticas a Paula Prado: “Isto só acaba de comezar”

Está inmerso o PP e concretamente a súa Secretaria Xeral Paula Prado, nunha campaña...

Jorquera anuncia que non será candidato do BNG nas Municipais de 2027

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá que non vai...

Comezan as demandas obras de humanización da rúa Ángel Rebollo, en Monte Alto

Leva anos a veciñanza de Monte Alto denunciando o lamentable estado da rúa Ángel...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here