InicioCAMBREA mocidade de Cambre, protagonista da VI Open Science

A mocidade de Cambre, protagonista da VI Open Science

Publicada o

Por editor

Estivo moi vivo o anfiteatero do Parque da Igrexa de Cambre durante toda a fo de semana. O VI Open
Science, a feira científica feita por e para a xente nova, convertiu á vila cambresa nun epicentro de creatividade. Preto dun centenar de mozos e mozas de entre 12 e 21 ano do IES David Buján, Afonso X O Sabio e centros da Coruña foron os grandes protagonistas desta cita, como recoñeceron o concelleiro de SeguridadevCidade, Patrimonio, Turismo, Transformación Dixital e Innovación Tecnolóxica, Daniel Mallo, e as codirectoras, Aroa Silva Pose e Paula Méndez Gómez.

O lema da feira, “prohibido non tocar e prohibido non copiar”, deixou patente a invitación a fedellar e investigar á mocidade de todas as idades.

O pavillón Sofía Toro engalábase cun scape room e acollía vcarios obradoiros de dron. O CEIP Wenceslao Fernández Flórez recibía a Cristina García Aradas, deseñadora principal de videoxogos Smalland, Mapache, para realizar un par de obradoiros de achegamento ao eido dixital.

Tras dous días de federllar este domingo celebrábase a clausura coa entrega dos premios deste ano, cos que, entre outros, se entregaron ás novas promesas da ciencia, tanto a nivel autonómico como autonómico. “Quero destacar, unha vez máis, o papel esencial dos voluntarios de Open Science de Cambre. Sen estas persoas non poderiamos ser a capital de Galicia da ciencia durante toda a fin de semana”, sinalou Mallo.
Foi o alcalde quen lembro a José Viñas. “A Open Science foi unha ‘bendita’ ocorrencia do profesor Viñas. Seis anos despois podes sentirte máis que orgulloso do éxito que deixaches en Cambre. Porque para vós é máis importante que este proxecto que comezou en 2018 perdure grazas á paixón e á implicación destes mozos e mozas”.

Durante o acto entregáronse unha vintena de premios, tres premios principais e un por cada obxectivo de desenvolvemento sostible incluído nos diferentes traballos. Entre as categorías destacadas están as das áreas de “Saúde e benestar”; “Educación de calidade”; “Igualdade de xénero”; “Auga limpa e saneamento”; “Industria, innovación e infraestruturas”; “Redución das desigualdades”; “Cidades e comunidades sustentables”; “Produción e consumo responsable”; “Acción Climática”; “Vida submarina”; “Ecosistemas terrestres” e “Asociacións para acadar os obxectivos”.

ÚLTIMAS

Cando limpar praias é un verdadeiro exercicio de inclusión

Emocionante xornada a vivida esta mañá na praia de Riazor. A Asociación Mar de...

Aprobado o convenio de financiamento entre Xunta e Concello para licitar o centro de saúde e centro cívico de Santa Lucía

Pasiño a pasiño avanza a eterna rehabilitación do centro de saúde e o centro...

O Museo de Belas Artes acolle na Coruña unha mostra sobre Isaac Díaz Pardo

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle unha mostra sobre a figura de...

A Xunta propón recuperar e expoñer os murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos

Representantes da Xunta e do Concello da Coruña participaron nun encontro para concretar o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here