InicioSOCIEDADEUGT, CCOO e CSIF piden melloras salariais para os funcionarios dos servizos...

UGT, CCOO e CSIF piden melloras salariais para os funcionarios dos servizos públicos

Publicada o

Por Redacción

UGT Servizos Públicos, a área Pública de CCOO e CSIF convocaron concentracións hoxe 30 de outubro en toda España, para demandar “uns servizos públicos de calidade, incrementos salariais, máis emprego e mellora das condicións laborais para máis de tres millóns e medio de empregadas e empregados públicos”.

Na Coruña, a concentración desenvolveuse diante da Delegación do Goberno, na praza de España, no marco dunha “mobilización que responde á urxente necesidade de defender o Estado do Benestar, ameazado pola deterioración progresiva dos servizos públicos”.

Denuncian “a falta de persoal, o envellecemento dos cadros de persoal ou a desmotivación, que se traducen no malestar das persoas usuarias”, en sectores como “a Sanidade, a Educación, os Servizos Sociais ou a Xustiza”.

Os sindicatos pídenlle ao ministro Óscar López, que “se sente a negociar e atenda as xustas demandas das tres centrais sindicais”: “incrementos salariais, un incremento e mellora do emprego público e das condicións de traballo de máis de tres millóns e medio de empregadas e empregados públicos no conxunto do Estado, 177.000 en Galicia.

ÚLTIMAS

Indignación entre as antigas xestoras das Escolas Infantís tralo vídeo do concelleiro de Educación

Continúa en marcha o recurso presentado polas empresas e cooperativas que levaban décadas dirixidndo...

O conselleiro de Educación promete ás indignadas familias do CEIP Prácticas que afrontará a reforma integral

Román Rodríguez aproveitou para criticar a falta de mantemento do Concello. --- --- --- Visita...

Piden paralización real das obras da promoción de luxo na Maestranza

Hoxe continúan as obras da urbanización de luxo da Maestranza, a pesar da orde...

O comercio de alimentación da Coruña convoca unha gran manifestación este domingo

Continúan as mobilizacións do persoal do comercio de alimentación das grandes cadeas de supermercados....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here