InicioA CORUÑAO Colexio de Enfermaría dA Coruña apoia, "algo tarde" as demandas do...

O Colexio de Enfermaría dA Coruña apoia, “algo tarde” as demandas do colectivo Aportodas

Publicada o

Por europapress

O colectivo A Por Todas (APT), formado por enfermeiras de distintas áreas de Galicia, concentraranse este martes, ás 13:00h diante da rotonda do CHUAC (ademais de ante os hospitais de Lugo, Monforte de Lemos, Santiago de Compostela e Pontevedra) como protesta contra unhas condicións laborais que “se deterioran progresivamente”.

Unhas demandas apoiadas polo Colexio de Enfermaría dA Coruña, que despois de moito tempo sen manifestarse públicamente, lembra a necesidade de tomar unha serie de medidas urxentes para dignificar a profesión.

  • Mellora das ratios enfermeira-doente.
  • Mellora da contratación, a estabilidade e a transparencia.
  • Recuperación do 100 % da paga extra.
  • Recuperación dos 3 LDs.
  • Recoñecemento do solape de xornada.
  • Retribución do plus de festivo os sábados (M-T).
  • Retribución xusta e igualitaria das horas fóra de xornada ordinaria.
  • Encadre da carreira profesional, incluíndo a experiencia laboral da UE.
  • Exención de noites voluntarias a partir dos 55 anos, sen perda retributiva nin aumento da xornada ordinaria.
  • Xubilación anticipada aos 60 anos.

O Colexio de Enfermaría fai súas estas demandas e ademais destaca outras tres polas que esta organización colexial leva traballando desde hai anos, e que xa trasladou tanto ao Sergas como ao Ministerio de Sanidade:

  • Recoñecemento do grupo A dentro da clasificación profesional da administración pública. O Goberno debe poñer en marcha de forma inmediata os cambios normativos que poñan fin a unha inxusta, lesiva e denigrante situación. As enfermeiras deben estar incluidas nun único Grupo A, sen subgrupos.
  • Integración profesional das enfermeiras especialistas nas correspondentes categorías.
  • Facilitar o acceso das enfermeiras aos cargos de xestión e responsabilidade.

Máis novas

“O Sergas non cumpre coas Enfermeiras”

As Enfermeiras do CHUAC esixen melloras na contratación

ÚLTIMAS

Piden compensacións económicas a vixilantes tras a grave agresión no Hospital de Oza

CCOO do Hábitat Galicia considera que a resolución da Inspección de Traballo sobre a...

O PP levará a pleno “inexecución” do orzamento do goberno municipal

Volve incidir o portavoz municipal do Partido Popular no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo,...

“Hoxe paramos”. A Gran Corrente manda parar de “ensuciar” polo Día Mundial dos Océanos

Hoxe, 8 de xuño, é o Dia Internacional dos Océanos. E a cidade está...

Palavea celebra “50 anos botando raíces”

Esta de festas esta fin de semana do 13 e 14 de xuño o...