InicioCAMBREO alcalde de Cambre suspéndese a nómina ata resolver os pagos a...

O alcalde de Cambre suspéndese a nómina ata resolver os pagos a proveedores provocado polo “bloqueo” da Secretaría

Publicada o

Por editor

Este mércores, o grupo de goberno de Cambre (IxCambre) saía en rolda de prensa para denunciar o “bloqueo” que vive o Concello por parte de Secretaría e Intervención municipal. O Concello ten case 5,3 millóns de euros facturas impagadas, e malia dispoñer de remanente suficiente, non pode facer efectivo os pagos dende que as novas profesionais tomaron posesión.

O rexedor, Óscar García Patiño considera “vergoñento” o “cambio de criterio” da nova Secretaría, que está a provocar que moitas empresas da contorna teñan serios problemas de viabilidade. “O departamento de Contratación (dependiente de Secretaría) ten na súa mesa 78 contratos dos que 54 (70 %) están á espera dos informes preceptivos necesarios”, denuncioaba a concelleira de Economía, Facenda e Réxime Interior, María Pan.

A situación dá hoxe un novo paso, co anuncio por parte do alcalde, que vén de suspender o cobro da súa nómina “ata que non se solvente o pago a proveedores e entidades locais”, como anpas ou clbs deportivos.

”A situación que se está a vivir no Concello de Cambre estame persoalmente e espero que esta decisión, consensuada coa miña familia, sirva para tranquilizar, se é posible, a todos os afectados. Dáme vergoña que non se paguen facturas ou subvencións e eu siga cobrando nóminas municipais”, sinalou. Malia sinalar que era unha decisión tomada en conxunto con todos os membros do goberno, deixou claro que “non vou permitir que ningún dos meus compañeiros adopten a mesma decisión que tomei”.

”Quero poder sentarme con provedores e asociacións en igualdade de condicións. E sei que moitos dirán que isto é só un xesto, pero é un xesto que me sae de dentro e que, sen dúbida, dáme algo de paz nestas semanas que están sendo moi complicadas para todos”, apunta.

Problemática estatal

O escrito deixa patente que non é unha problemática que afecte só ao Concello:

”A situación que estamos a vivir actualmente no Concello de Cambre ten a súa orixe nun problema que nunca foi abordado a nivel nacional. A administración local, en xeral, ten serios problemas debido, sobre todo, a que a administración pública non soubo adaptarse á sociedade actual, con trámites administrativos tediosos e lentos que pouco ou nada está en consonancia cunha sociedade que vive a velocidade vertixinosa.
As limitacións na contratación de persoal son limitantes a unha administración pública que non é capaz de poñerse ao día e incorporar persoal e perfís profesionais que hoxe son moi necesarios. Tarifas de substitución impiden que concellos como Cambre teñan, agora, máis Técnicos A1 en departamentos clave como Secretaría/Contratación ou Intervención que hoxe traballa con técnicos A2, administrativos e auxiliares que non poidan formular propostas de resolución. Departamentos como informática, sen un enxeñeiro informático encargado ou a Departamento de Réxime Interno cuxo Responsable debe ser compartido Urbanismo.
A falta de persoal e a imposibilidade de crear novos postos de traballo, tamén está facendo que traballemos, moitas veces, en base ás emerxencias que están chegando no día a día, deixando a un segundo lugar esa visión de xestión global que, sen dúbida, supón moita implicación tanto política como técnica. Isto lévanos a ter contratos de servizos precario porque, tal e como se seguen prestando, non se abordan plenamente, creando así a inseguridade xurídica para as empresas e os problemas de precariedade laboral entre os traballadores das empresas que prestan estes servizos”.

edA esta falta de persoal súmase o cambio de criterio nos departamentos como Secretaría/Contratación e Intervención que está xerando o departamentos, sen criterios específicos definidos, incapaces de adaptar e xestionar.

Non quero rematar esta declaración sen pedir desculpas publicamente a todos afectados por esta situación e, por extensión, a todos os veciños de Cambre. Ao mesmo tempo, estou comprometido, xunto con todo o goberno local, para seguir traballando arreo para solucionar esta situación”, conclúe.

ÚLTIMAS

Yolanda Díaz anuncia que visitará A Coruña para promover a redución da xornada laboral

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, puxo o foco en acometer canto antes a...

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Atopan mortas en menos de media hora a dúas persoas de idade avanzada na Coruña

Dúas persoas de idade avanzada foron localizadas mortas nos seus domicilios en menos de...

Dous detidos na desarticulación dun punto de venda de cocaína e haxix nun piso de Arteixo

Dúas persoas foron detidas na desarticulación por parte da Garda Civil dun punto de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here