InicioMOV. SOCIAISA Folga do servizo de limpeza de Correos continúa

A Folga do servizo de limpeza de Correos continúa

Publicada o

Por editor

Verdadeiros problemas de hixiene está causando a folga da limpeza do persoal de Correos. @s traballador@s decidiron este pasado sábado continuar coa folga aberta hai 3 semanas, “ata que non existan suficiente seguridade de que cobrarán os atrasos que se lles adebeda”, advertindo ademais a Correos de “que estarán atentas e denunciarán calquera medida antifolga que leve á suplir os seus postos de traballo”. Así o explica Xan Xove, delegado Sindical de CGT Correos que fai un repaso polos últimos movementos da empresa esatal.

O periplo arrincou o pasado 20 de seyembro, cando a CGT cursou unha denuncia á inspección de traballo pola “situación de insalubridade de determinados centros de traballo da nosa provincia”. Dende a CGT solicitaron á inspección que “valorase o precinto de determinados centros de traballo que non cumpren as súas condicións de seguridade e hixiene mínimos xa naquela altura”.

Pasaron dúas semanas e a inspección actuou, achegándose a diferentes centros de traballo, e esixiu a Correos a elaboración dun documento de prevención de riscos onde se analizara o estado dos mesmos. O 4 de Outubro a inspección convocou aos sindicatos e a Correos na sede da inspección da Coruña. Nesa cita Correos negouse a entregar ese documento realizado por Prevención de Riscos Laborais, afirmando que descoñecía da súa existencia, que non foi cursado ata días despois. ”Dende CGT queremos denunciar esta grave ocultación e instaremos á Inspección a que tome medidas inmediatas, incluíndo o precinto de centros”, explica o ex candidato da Marea Atántica.

Explican que “o documento, realizado polo servizo de prevención de Correos, analiza o estado dos centros entre o 27 de setembro e o 3 de outubro, e califica o risco, ante a insalubridade, de “moderado”, pero a continuación indica que: “esto no es óbice para que de manera muy cercana en el tiempo se pueda considerar que los riesgos (…) pasen a ser considerados como Riesgo Grave e Inminente (…) paralizándose automaticamente la actividad”.

Folga da Limpeza en COrreos Coruna
Estado dalgunhas oficinas da provincia

ÚLTIMAS

A Policía Nacional investiga disparos contra a fachada dun edificio no Agra do Orzán

A Policía Nacional investiga uns disparos rexistrados na tarde deste sábado contra a fachada...

O transporte da Coruña para de novo ante a mediación clave do luns

O transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña rexistrou este venres unha...

Os cursos do Fórum e do Ágora seguen sen data de inicio ante a indignación de profesorado e alumnado

Continúa a incerteza arredor dos cursos Culturais do Programa de Lecer do Fórum e...

O Concello da Coruña pecha parques e xardíns e mantén a costa precintada polo temporal en alerta vermella

O Concello da Coruña decidiu pechar parques e xardíns municipais e manter precintada toda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here