InicioBARRIOSPiden vixilancia arqueolóxica municipal nas obras das vivendas de luxo da Maestranza

Piden vixilancia arqueolóxica municipal nas obras das vivendas de luxo da Maestranza

Publicada o

Por Redacción

As máquinas levan semanas executando obras de movemento e excavación de terras na parcela P2 do PERI da Maestranza para a construción dun edificio de vivendas de luxo.

O caso é que no expediente da licenza de obras (que entidades como Defensa do Común considera “ilegal” polo “improcedente cambio de cautela arqueolóxica”), outorgada á á empresa Lipromo consta o previo “Proxecto de Control e Seguemento Arqueolóxico-Proxecto de Construcción de Vivendas na Avda. Metrosidero, nº 2-Parcela 2 PERI Maestranza”, debido a que pode afectar a parte do sistema defensivo da cidade.

O expediente obriga a facer un seguemento arqueolóxico a pé de obra por parte dunha persoa arqueóloga con experiencia demostrada. Algo que non lle consta á asociación demandante, que xa remitiu un escrito ao Concello preguntando por este asunto.

Por iso, Defensa do Común solicita que “por parte dos servizos municipais se xire visita de inspección ás obras en curso de execución aos efectos de verificación do cumprimento do Proxecto de Control e Seguemento Arqueolóxico así como das correlativas obrigas da empresa promotora e construtora en relación cos condicionantes da licenza en materia de protección e salvagarda do patrimonio cultural. E mais en concreto, se proceda a verificar in situ se as obras de movemento/excavación de terras contan coa presenza, a pe de obra, dun arqueólogo, realizando as funcións previstas e delimitadas no dito Proxecto de Control”.
Ademais, apuntan que unha vez se analice “o informe do arqueólogo municipal e dos servizos municipais a adopción das medidas cautelares previstas na lexislación do patrimonio cultural, incluíndo, no seu caso, a paralización das obras”.

Obras na Maestranza

Máis novas

Esperan que o informe que impide construír unha parcela da Maestranza se extenda ás outras dúas que afectan á muralla

O barrio da Cidade Vella debate sobre a promoción, paralizada cautelarmente pero xa á venda, da Maestranza

A paralización da urbanización da Maestranza, “unha vitoria relevante”

Alertan que o proxecto urbanístico da Maestranza ameaza parte do sistema defensivo da Cidade Vella (BIC)

 

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here