InicioBARRIOSAlertan que o proxecto urbanístico da Maestranza ameaza parte do sistema defensivo...

Alertan que o proxecto urbanístico da Maestranza ameaza parte do sistema defensivo da Cidade Vella (BIC)

Publicada o

Por editor

Despois da decisión do TSXG de admitir a trámite a denuncia de Defensa do Común e que paralizou provisionalmente os proxectos de construción de bloques de vivendas no Campo da Estrada-Maestranza, a Plataforma Cívica amplía a súa crítica.

A entidade, que nacía en 2016 precisamente coincidindo coa primeira poxa convocada polo Ministerio de Defensa sobre este espazo, explica “a venda de dúas desas parcelas á inmobiliaria vasca Lipromo, obligounos a presentar alegacións ao preceptivo Estudo de Detalle e a interposición dun contencioso, pendiente de dilucidar”.

A día de hoxe, Defensa do Común “esixe da Xunta e do goberno local que informe e denegue, respectivamente, contra o Estudo de Detalle agora presentado, xa que suporía un atentado irreversible ao patrimonio cultural e unha violación clamorosa da súa Lei”.
A entidade lembra que “no contencioso en trámite (contra do Estudo de Detalle aprobado no 2023 para a outra parcela) tamén impugnou indirectamente o PEPRI do 2015 e o PXOM do 2013, en base a que o PERI da Maestranza de 1994 carece de eficaza xurídica”.

Afectación a un BIC

Vai máis alá Defenda so Común que esixe de Xunta e Concello a delimitación do sistema defensivo da cidade vella, declarado como Ben de Interese Cultural. Xa que o documento do Estudo de Detalle presentado pretende a retirada e por tanto esnaquizamento dunha parte dos restos soterrados das murallas da cidade vella.

Explica a entidae que “na parcela 1, na que Lipromo prevé construir, consta acreditada e probada a existencia de restos do sistema defensivo da cidade vella así como da súa importancia e relevancia como patrimonio cultural protexido. Así consta tamén en reiterados informes municipais emitidos polo arqueólogo municipal, e dos cales eran perfectamente coñecedores tanto INVIED (Defensa), cando procedeu a enaxenar a parcela, como Lipromo cando a adquiríu”.

Teno claro a entidade: “O goberno local non debe limitarse a suspender o procedemento senón que, previo informe preceptivo e vinculante de Patrimonio Cultural da Xunta, debe denegar tal proposta de atentado irreversible ao patrimonio cultural”.

Defenda do Común, que asegura que continuará defendendo o patrimonio da cidade, lembra ao respecto que “o pretendido por Lipromo supón unha violación clamorosa do art. 52 da Lei 5/2016 de Patrimonio Cultural de Galiza”.

Máis novas

O TSXG admite a trámite un recurso contra a urbanización do Campo da Estrada-A Maestranza

Piden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a construción de 56 vivendas na Maestranza-Campo da Estrada

A sombra do convenio urbanístico de 1984 planea sobre o común

Olladas doutro tempo: O Campo da Estrada e o Aviador

ÚLTIMAS

A ARMH instala 10 novos stolpersteine lembrando víctimas do fascismo

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), en colaboración co Concello, realizaron...

Entre Crebas: As persoas do CIS invitan á sociedade a limpar a Praia de Santo Amaro

Arrincou a nova edicion do Proxecto Entre Crebas este pasado 5 de febreiro. Esta...

Arrincaron as obras da prospección arqueolóxica do xacemento Castrillón

¡Arrincaron esta mañá os traballos da prospección arqueolóxica do xacemento Castrillón afectado polo futuro...

A CIG urxe protocolos no transporte sanitario ante agresións: “A xente non sabe como ten que actuar”

Representantes da CIG demandaron protocolos no transporte sanitario ante agresións. "A xente non sabe...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here