InicioA CORUÑAO IES Rosalía Mera, protagonista dun vídeo e unha guía didáctica sobre...

O IES Rosalía Mera, protagonista dun vídeo e unha guía didáctica sobre igualdade

Publicada o

Por editor

Este martes o IES Rosalía Mera acolleu a estrea do resultado final dun programa da area de Igualdade da Deputación da Coruña desenvolveu durante o curso académico 2022-2023 no propio centro. Trátase do programa coeducativo de “Sensibilización sobre a Segregación Ocupacional por Razón de Xénero”,  realizado co profesorado e o alumnado dos 11 cursos de Formación Profesional deste centro, fortemente masculinizados.

Os obxectivos aos que buscou dar resposta o Programa de Sensibilización sobre a Segregación Ocupacional por Razón de Xénero no IES Rosalía Mera foron: concienciar ao profesorado sobre a importancia da coeducación, familiarizados xunto co alumnado en contidos relacionados coa igualdade de xénero, sensibilizar e dar pautas para as posíbeis formas de violencia machista por medio das novas tecnoloxías e levar a cabo dinámicas para favorecer a convivencia entre os xénero.

Segundo explicou a deputada de igualdade, Soledad Agra, “o que buscamos con este programa foi intervir dun xeito directo tanto co alumnado como co profesorado, coa finalidade de facerlles chegar ferramentas útiles e adaptadas a través das cales reflexionar sobre as desigualdade e inxustizas que seguen a darse e que están vencelladas co sistema sexo- xénero”

Por un lado o programa lanza unha Guía Didáctica que se convirte nunha ferramente práctica para introducir nos proxectos educativos o bo trato contribuíndo a que o alumnado capacidades para a análise crítica da realidade, o diálogo construtivo e a toma de decisións en situacións de conflito.

A segunda destas ferramentas é un micro vídeo para divulgar o programa e sensibilizar sobre esta realidade, co que poder contribuír á concienciación doutros centros educativos.

Documental Igualdade Deputacion Coruna IES Rosalia Mera 1 2

 

 

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais...

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here