InicioBARRIOSDefensa do Común pide que a Solana volva ser xestionada polo Concello...

Defensa do Común pide que a Solana volva ser xestionada polo Concello cando remate da concesión

Publicada o

Por editor

Trala sentenza do TSXG que permite recuperar a titularidade pública e evitar a venda do complexo deportivo da Solana, a primeira reacción chega por parte da plataforma cívica Defensa do Común, cuxo voceiro é o noso colaborador Ricardo Vales. Unha Plataforma constituída en marzo de 2016 precisamente para preservar a titularidade pública dos espazos da cidade e para coñecemento da opinión pública, que quere facer as seguintes puntualizacións.

A entidade, que valora o “papel importante” que ten xogado “informando e mobilizando á cidadanía”, considera “unha boa noticia a sentenza”, ao tempo que critica a intención do PP de converter o espazo en terreos privados, para conseguir us ingresos para pagar a débeda da construción do Porto Exterior.

Defensa do Común “continuará este traballo para conseguir que, acabada a concesión en 2027 dos terreos que hoxe ocupan A Solana e o vello Hotel Finisterre, pasen a propiedade do concello da Coruña”.

Lembra que a día de hoxe a zona do aparcamento que usa a Solana, diante do Castelo de San Antón, xa deberían ser considerados espazos públicos.

Tamén pide que se modifique a altura da edificación de A Solana, hoxe ximnasio, que impide a visibilidade do mar. Pero para iso é consciente de que é necesario que “o concello da Coruña aprobe unha planificación urbanística nos peiraos sen uso, pensando no interese público e non na súa privatización e venda”.

Máis novas

A Solana volverá ser para os e as coruñesas

ÚLTIMAS

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

Un Cupón da ONCE pola primeira xornalística en galego: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

O 1 de novembro, día en que naceu Valentín Lamas Carvajal, a ONCE dedicará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here