InicioCULTURAA Deputación da Coruña premia 20 propostas no seu certame para difundir...

A Deputación da Coruña premia 20 propostas no seu certame para difundir o Reino de Galicia

Publicada o

Por europapress

Un total de 20 propostas resultaron gañadoras no certame ‘Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia’, segundo informou Natividade González, responsable de Cultura da Deputación da Coruña, organismo convocante do mesmo.

Entre elas, hai propostas audiovisuais, xogos de cartas, espectáculos, unha colección de roupa e un ‘escape room’ que contribúen á “visibilización e reivindicación” da historia medieval de Galicia.

Para a deputada é “un orgullo ver o noso pasado medieval representado en múltiples formatos que permiten chegar a públicos moi diversos”. Nesta segunda edición, esta iniciativa recibiu un total de 49 solicitudes.

Os 20 proxectos seleccionados, que recibirán 10.000 euros cada un, céntranse na historia do Reino de Galicia ou en aspectos particulares e vinculados directamente á mesma co obxectivo de “contribuír a combater a desmemoria e o descoñecemento deste período de gran esplendor do país”.

Podedes debullar os proxectos na web da Deputación, pero aquí deixamos os títulos:

  1. Dicionario da Galicia Histórica: un Reino da A á Z. Proxecto audiovisual transmedia de divulgación do Antigo Reino de Galicia presentado por Ciencia Galega Industrias Creativas S.L.
  2. Cronoaventuras: presentado por Aqueladas Sociedade Cooperativa Xuvenil, é un xogo de cartas cooperativo.
  3. Conexión co Reino, unha miniserie de divulgación de Cristela Torres Nine.
  4. Discordia & Reconciliatione: Unha escolma da “Historia Compostellana”. Presentado por José García Sendón, é un proxecto editorial divulgativo.
  5. Cantigas e murais para o coñecemento do Reino Medieval de Galicia, un espectáculo didáctico en directo de Xoan Curiel.
  6. Pío Latrocinio, un proxecto de documental animado de Fernando Cortizo Rodríguez.
  7. María Balteira. Curtametraxe didáctica, unha peza audiovisual de contido didáctico proposta por Sétima Sociedade Cooperativa Galega que xira ao redor das Cantigas medievais.
  8. Suevos e galaicos. Noso Plans e Proxectos Sociedade Cooperativa Galega presenta o deseño e auto edición dun xogo de mesa de cartas.
  9. Unha Tiktoker no Reino de Galiza. Sara Seco Rial propón difundir a historia do reino galego a través de vídeos curtos en TikTok.
  10. O rei Afonso VIII da Galiza na Costa da Morte, un priecto de recreación a través das artes escénicas de Bernardino Martínez Castiñeira.
  11. Game of fortes: episodio I. Ameaza clerical (Inmersión auditiva no Antigo Reino de Galicia). Presentado por Iván Dávila Grande, é un proxecto coproducido polas compañías NegroLópez e Limiar Teatro.
  12. “Porto de Bois”: unha experiencia de historia ao vivo. Aldán López Dacosta presenta a primeira Xornada de Historia Viva «Porto de Bois»: un evento inmersivo para 20 persoas.
  13. O legado do Reino de Galicia_Escape room. Artefeito Producións Sociedade Cooperativa Galega presenta un Escape Room en liña, orientado ao alumnado de Educación Secundaria.
  14. O segredo do Betanzos Medieval: Unha ruta histórica para descubrir unha das sete capitais do Reino de Galicia. De Marma Sociedade Cooperativa Galega.
  15. Guía Visual do Reino Medieval de Galiza, unha “Guía Visual do Reino Medieval de Galiza” proposto por Trespés Producións Culturais S.L.U. pretende ser un recurso de referencia para público xeral, estudantado que procure saber máis sobre a fascinante historia de Galiza, e concretamente do seu período medieval.
  16. Historia do Reino de Galiza en 10 minutos. O proxecto, de Daniel Seoane Souto, simplifica nun vídeo de 10 minutos aqueles fitos políticos, lingüísticos e culturais.
  17. Biografías esenciais do Reino da Galiza. Proxecto de Sermos Galiza para publicar 3 libros, e 3 podcasts.
  18. O Panteón Real de Compostela: A Alianza do Regnum e o Sacerdotium para a configuración dun Templo Nacional.
  19. Onda gravitatoria Balteira. María Estíbaliz Espinosa del Río fará un libro e un audiolibro.
  20. O Reino de Galiza na moda. Deseños para conectar o pasado co presente. Proposta da marca galega de roupa Acontravento, formulada por Daniel Portela Macua.

ÚLTIMAS

A comunidade da Rede Acampa pola Paz rendeu un aplauso colectivo ao activismo por Palestina

Mohamed Safa e o Persoal médico en Gaza, representado por Refaat Alathamna, recolleron...

Máis de 700 vivendas de uso turístico na Coruña non cumpren a ordenanza municipal

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Dinís Díaz Galego, cifrou en 747...

A intermodal da Coruña estará finalizada en 2026 sinalan as diferentes administracións

Goberno, Concello da Coruña e Xunta reivindicaron os avances na execución das obras da...

Arquivan a investigación sobre o piso do edil coruñés Lage Tuñas

A Fiscalía acordou o arquivo das dilixencias de investigación preprocesal en relación ao cambio...