InicioDEPORTESUn Basquet Coruña de récord

Un Basquet Coruña de récord

Publicada o

Por editor

Espectacular o comezo de temporada deste Leyma Basquet Coruña. 4 vitorias en 4 partidos, liderando a táboa da Leb Oro xunto ao Club Ourense Baloncesto, e sobre todo, deixando unhas sensacións impresionantes.

A semana pasada vencía 119-90 a Grupo Alega Cantabria e esta fin de semana vencía por 94-111 en Valladolid, acadando varios récords. A anotación ante Cantabria serviu para igualar a máxima anotación nun partido da LEB Oro sen prórroga (datado de 2001). Ademais, a segunda vitoria permítelle ao Leyma convertirse no primeiro club da historia da categoría en anotar máis de 110 puntos en dous partidos consecutivos, algo que non se consegue na ACB dende 1990.

Barrueta e o seu 9 de 11 en triples
Barrueta, espectacular no triple

Parte do éxito ten que ver co acerto dende a liña de 6,75m, con 21 triples anotados nun partido, a unha sóa canasta do récord. Nesa faceta, Yunio Barrueta (9 de 11 en triples) quedou a 2 do récort da categoría.

O mércores xogan en Menorca, así que poderán seguir superando fitos.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here