InicioA CORUÑADivisión no pleno para a subida de impostos

División no pleno para a subida de impostos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Celebrouse esta mañá de xoves o pleno de novembro na cidade da Coruña. Un pleno que tiña como punto forte, o que o goberno califica como “Modificación das ordenanzas fiscais municipais”, mentres o PP chama a “subida dos impostos”.

O pleno aprobou, cos votos do PSOE, o comezo do proceso de actualización de ata 29 ordenanzas fiscais municipais de cara ao exercicio 2024. Unha votación que contou coa abstención do BNG (que condicionou o seu voto final á negociación dos orzamentos), e os votos en contra do PP.

Un PP que manifestaba a súa “indignación polo aumento de impostos sen ningunha explicación aos coruñeses nin ao principal partido da oposición, cando afecta á práctica totalidade impostos”, denunciando que “os coruñeses pagaremos un 18% máis de IBI do que deberíamos en 2024”. Aproveitou Lorenzo para criticar a baixa porcetanxe de execución dos investimentos que leva o goberno: “É lamentable que un goberno municipal suba impostos que non executa o orzamento. No anterior mandato deixaron 180M€ para
traballa nos barrios sen gastar e este ano teñen outros 60M€ máis”

As táboas

Sinala o Concello a algunhas das taxas non eran moficadas dende 2013, e lembra a subida acumulada do 21,6% do IPC, “o que leva aparellado un maior custo dos servizos”, intenta explicarse o consistorio.

O IBI (Imposto de Bens Inmoble) ten unha subida do 3% (xa subira en 2019), quedando no 0,618, tanto en rústica como en urbana.
Si que recolle a modificación un recargo ás vivendas desocupadas, que será dun 50% para os inmobles que permanezan desocupados nun prazo superior a dous anos e pertenzan a titulares con catro ou mais inmobles de uso residencial.

Outras taxas como o imposto de circulación subirá tamén un 3%.

Outras mocións

O Pleno si aprobaba por unanimidade a creación da sociedade pública que xestionará a Cidade das TIC. Tamén se aprobou, sen votos en contra, o modificativo de crédito que permitía a achega municipal de 336.000 euros ao órgano xestor compartido coa UDC, o 51% do capital correspondente.

Tamén por unanimidade quedou aprobado o estudo de detalle para a ampliación de dez novos volumes edificatorios na parcela da empresa Showa Denko no polígono de Agrela.

Mocións do BNG

O Pleno aprobou tres mocións formuladas polo BNG, dúas delas -a do cumprimento de obrigas en materia de transparencia e hixiene democrática e a da necesaria reapertura do Xardín do Observatorio- por unanimidade. O BNG, a través do edil David Soto. pedía a publicación das Declaracións de Bens da corporación despois de 5 meses sen facelo.

Sobre o Xardín do Observatorio, como avanzaron ao longo da semana, instou ao goberno a face caso canto antes á “incansable loita da asociación veciñal da Agra na reivindicación de zonas verdes”. O parque, pechado dende 2020, leva 8 meses sen unha soa acción malia o acordo plenario acadado en marzo, e “as tarefas pendentes son ben coñecidas: derrubar os muros da Canceliña e Gregorio Fernández, acondicionar o espazo e construír un valo interior para delimitar o espazo da delegación da AEMET e a zona verde”.

A iniciativa sobre o 25N -Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres- foi aprobada cos votos favorábeis do grupo municipal socialista, mais contou coa abstención do PP. Esta suscitou un debate entre BNG e PP. Os populares intentaron engadir unha emenda pero o BNG non aceptou “porque sería tanto como dar por boa a política que en materia de loita contra a violencia machista está a desenvolver a dereita desde as institucións de goberno”. “Lembremos que a Xunta eliminou do currículo educativo a materia de Igualdade de Xénero. Non é así como se aposta por unha educación en igualdade das nosas crianzas e da nosa xente moza”, denunciou Veira.

OBRAS

E ademais aprobouse un modificativo de crédito por valor de 3,5 millóns de euros para diversos investimentos, entre os que se recolle a consignación de crédito do capital necesario para a creación de dita sociedade.
Outro dos investimentos, de 773.095 euros, será para o financiamento das obras da estación Intermodal, que inclúen a execución da terminal de autobuses, aparcadoiros, xunto con elementos comúns da intermodalidade. O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, anunciou que a alcaldesa xa asinou o convenio co MITMA para a transferencia de 9 millóns de euros para o financiamento da estación Intermodal.

ÚLTIMAS

O deporte, unha fonte de LGTBIfobia

● O 66% das persoas enquisadas por ADI manifestaron sentirse discriminadas algunha vez na...

O deporte feminino coruñés esperta do soño ante a falta de apoios

Mes para soñar na cidade herculina, cunha marea de equipos que chegaban con opcións...

Estudantes da UDC, entre os gañadores do concurso de arquitectura sustentable do Grupo Saint-Gobain

Estudantes do Vallés, Valladolid e a Universidade da Coruña (UDC) foron os gañadores da Fase Nacional...

(Vídeo) Inés Rey, protagonista nun show do humorista Juan Dávila

Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here