InicioSOCIEDADEO IES Rosalía Mera, o exemplo que o goberno central da revitalización...

O IES Rosalía Mera, o exemplo que o goberno central da revitalización da Formación Profesional

Publicada o

Por editor

Un mundo enteiro hai dentro do IES Rosalía Mera. O centro formativo da Deputación da Coruña en Labañou é un axente vivo, un cúmulo de especialidades, que conviven mesmo cunha residencia comunitaria, que promove a inclusión dun xeito absolutamente transversal.
Ten formación de numerosas especialidades de Formación Profesional, dos graos medio, superior e básica (o que no seu día se chamaba Garantía Social) sendo unha saída para o alumnado con menos recursos que teñen problemas para rematar a ESO. Aquí, dun xeito máis práctico, fórmanse para acadar unha profesión.

IES ROSALIA MERA 1

A súa impronta recoñécese por exemplo coa visita que esta mañá realizaron unha comitiva institucional composta polo delegado do Goberno, Pedro Blanco e a subdelegada María Rivas, ademais do presidente da Deputación Valentín González Formoso. Unha visita para poñer en valor a Lei de Formación Profesional, “unha lei de FP transformadora, que eleva a formación profesional, que supón unha oportunidade de futuro para os mozos e mozas, para lograr empregos de calidade, e que terá o seu impacto en Galicia grazas a unha transferencia histórica”, destacou Pedro Blanco.

Aproveitaron para repasar as cifras achegadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional á Xunta entre 2021 e 2023 para transformar a formación para o emprego, un dos eixos estratéxicos do Goberno, a través dos fondos propios e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Blanco falou dos millóns investidos en Galicia en mateira de educación profesional destacando que “o goberno financia a creación de 23.217 prazas de formación profesional en Galicia”. Sinalou que “a día de hoxe 85.000 galegos e galegas poden acceder a un certificado de profesionalidade”.

Segregación oupacional por razóns de xénero

O Centro xa fo escollido pola Deputación como exemplo do Programa de Sensibilización sobre a segregación ocupacional por razón de xénero:

ÚLTIMAS

Análise: Que foi do interese xeral na reordenación urbanística da fachada litoral nas Xubias?

Moito se ten falado das Xubias dende que en xullo o Concello lle entregaba...

EMVSA tamén controlará o parque municipal de vivendas da Coruña para abordar as necesidades de pisos sociais

A Xunta de Goberno do Concello da Coruña dará luz verde este mércores aos...

Inés Rey afirma que a Xunta mostra “disposición” a que a cidade sexa declarada zona tensionada

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, insistiu na "vontade" do Concello de presentar formalmente a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here