InicioMOV. SOCIAISAs familias galegas únense contra o uso das pantallas para menores de...

As familias galegas únense contra o uso das pantallas para menores de 16 anos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Cada vez son máis as familias preocupadas polo uso das pantallas d@s nos@s fill@s.
Familias que tratan de deixar o menos posible ás pequenas crianzas diante da televisión ou as tabletas.
Familias que tratan de non deixar os teléfonos móbiles aos nen@s para que estean tranquilos nun restaurante.
Familias que non queren que @s súas fill@s teñan que estudar pegados ás pantallas dos seus libros dixitais.
Familias que se levan as mans á cabeza cando @ súa fill@ empeza o Instituto e absolutamente tod@s @s compañeir@s teñen móbil. Como facer nese caso para combinar o uso responsable e consciente das novas tecnoloxías, poder controlar os contidos que visitan @s nos@s fill@s, e ao mesmo tempo non interceder na súa integración social?

Son dúbidas ás que sen enfrontan cada días as familias desta sociedade, e cansas de facelo illadas, tratan de unirse para facer unha fronte común e esixir ás administracións que adapten ás leis ás normas mercantilistas da nosa sociedade de consumo.

Estes días medra en toda Galicia un grupo de Whastapp aberto chamado “Familias apoiandose para non ofrecer un smartphone os seus fillos mínimo ata os 16 anos”. Un grupo que nacía o pasado 6 de novembro a carón do movemento iniciado en Cataluña (a recollida de sinatura en Change.org pola “Prohibición del Uso del Teléfono Móvil a Menores de 16 años” xa leva máis de 53.000 sinaturas en apenas 10 días) e a día de hoxe xa conta con máis de 550 persoas.

Unha comunidade, espallada a través dos grupos escolares que trata de aportar informacion para axudar a respaldar esa decisión de prohibir os móbiles ata os 16 anos que por agora só toman familias máis valentes. “O obxectivo é que as familias non se sintan sóas, evitando a presión social que sofren”, sinalan os administradores.

Programa edixgal

Se ben o grupo nacía pensando nos móbiles, cada vez son máis as familias preocupadas polo programa edixgal, un programa da Xunta que implanta o libro dixital como ferramenta fundamental no desenvolvemento dos cursos do terceiro ciclo de Primaria (5º e 6º) do ensino público. Deste xeito, unha parte da mocidade de 10 a 12 anos de toda Galicia xa ten como vehículo formativo unha pantalla.

”Loitemos contra a imposición do uso/abuso de pantallas nos centros educativos se se está a demostrar que é prexudicial para a infancia e a adolescencia”, sinalan con rotundidade, invitando a unirte ao unirte aquí ao Grupo Whatsapp ou aquí ao Grupo de Telegram.

Medidas

Malia que o whatsapp é bastante difícil de organizar, a través do Telegram si que intentan coordinar por grupos este movemento, sinalando algúns dos pasos que se poden tomar. Lembran que “non se trata de demonizar a tecnoloxía, que é valiosa, senón de aprender a usala xuntos porque se implementa antes de coñecer os seus efectos”.

Intentarán comezar a achegar a iniciativa ás directivas das ANPAs dos centros educativos, compartindo estas preocupacións con todas as comunidades escolares.
Intentarán ofrecer alternativas de ocio aire libre, artísticas ou deportivas”, e animar aos pais e nais a facer actividades en común, e volver á rua.

Para as familias que xa teñan fill@s con móbil, propoñen instaurar unha ‘caixa de durmir’ para móbiles na casa e poñelas en ‘modo avión’ durante unha serie de horas ao día dedicadas a compartir coa familia. Ou ofrecen outra solución temporal que é a de ofrecerlle un teléfono básico sen acceso a Internet se o que necesitamos é que estean localizados e poidan chamarnos.

A comunidade intentará organizar charlas, obradoiros e encontros sobre a importancia de regular e dosificar o acceso aos dispositivos en función da idade.

As razóns

Esta psiquiatra explica brevemente algunha das grandes razóns que avalan este movemento. “As familias poden recuperar o sentimento de certo control que necesitamos ter na crianza dos nosos fillos”, unha “parte fundamental para a saúde mental dos pais e nais”.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Dra. Maria Velasco (@dramariavelasco)

Máis novas escolares

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Faro: “As administracións deberían facerse cargo da educación de 7.30 a 16.30h”

Proxecto Polaroid: A arte de vivir ao instante

ÚLTIMAS

O vindeiro sábado 4 de maio, día de portas abertas nos Museos

Coincidindo co Día da Ciencia a Rúa en santa Margarida, poderemos dusfrutar da Xornada...

A Coruña acolle as mobilizacións centrais polo 1 de maio co foco na demanda de mellores salarios

A Coruña acolle os actos centrais dos sindicatos este 1 de maio, Día Internacional...

Detida unha persoa polo incendio nun edificio na Coruña no que foi rescatada unha menor

A Policía Nacional detivo a unha persoa por mor dun incendio nun edificio do...

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here