InicioSOCIEDADEAbusos de curas na Coruña: "Mete a man na sotana e colle...

Abusos de curas na Coruña: “Mete a man na sotana e colle un caramelo. O que toquei non foi o caramelo”

Publicada o

Por Ángela Precedo

Os abusos sexuais a menores de idade son unha lacra difícil de erradicar, pois na sociedade sempre haberá monstros, por moitas medidas que se implanten para tratar de paralos. Sen embargo, se hai un lugar no que é aínda máis difícil frear a estas ‘persoas’ (nin sequera merecen ser chamadas así), é no seo da Igrexa católica, unha institución que aínda que na actualidade está comprometida coa loita contra os abusos, durante moito tempo permaneceu no escurantismo, encubrindo a moitos dos seus membros, practicantes da pederastia. Así as cousas, ano tras ano saen novos casos (a maioría destapados nos informes anuais do Defensor do Pobo) e, lamentablemente, case todos son do século pasado. Cantos haberá aínda hoxe en día dos que non se teña coñecemento porque as vítimas son moi pequenas e están coaccionadas para non falar? Mesmo na actualidade, o ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestouse fai ben pouco sobre o tema, dicindo que o mellor era non remover o asunto: “Chamar terroristas aos bispos non é de recibo”, e iso que el foi alumno nun internado dos maristas en León, un dos epicentros das denuncias por abusos sexuais cometidos por relixiosos en España.

Dende colexios ata as propias igrexas, pasando por seminarios ou casas da xuventude, non hai recuncho ao que non chegase este tipo de delito. Párrocos, bispos, frailes, profesores… toda clase de cargos participaron dos abusos a menores. Non importa a orde relixiosa, xa sexan salesianos ou maristas, xesuítas ou marianos, todos cocen fabas, como adoita dicirse. Dende Galicia Confidencial, e con motivo do Día Mundial para a Prevención do Abuso Sexual de Nenos, Nenas e Adolescentes, facemos un percorrido polos principais casos de abusos que os informes do Defensor do Pobo dos últimos anos detectaron na nosa terra, así como polos sacerdotes máis coñecidos que estiveron implicados en abusos (cantos haberá que aínda non se teñan descuberto, pois os casos van saíndo a contagotas). Hai moitos adultos que foron abusados na súa infancia que, como xa pasou tempo, prefiren deixar a cousa como está e non denunciar.

E é que antigamente, a Igrexa contaba con tanto poder que pobre de ti que foses un neno que chegase á casa dicindo á túa nai ou ao teu pai que o cura che tocara as partes íntimas, aínda levabas unhas azoutas por blasfemar contra un enviado de Deus. Por iso son tantos os casos que están a saltar a luz na actualidade pero que datan dos anos 60, 70 e 80. E, por desgraza, outros poucos estanse a coñecer e sucederon nos últimos anos. Unha lacra que, hoxe en día, a Igrexa católica tenta eliminar das súas filas, ao menos de cara á galería, sendo a primeira en impoñer expedientes sancionadores e en investigar aos párrocos acusados de abusos a menores de idade. Antigamente, o que se facía era encubrir aos denunciados e mesmo trasladalos a outras parroquias para que puidesen lavar a súa imaxe ou seguir abusando doutros nenos. Agardemos, polo ben dos máis pequenos, que as cousas sigan indo a mellor. Polo de agora, coñezamos algúns dos casos recollidos polo Defensor do Pobo nos seus últimos informes relativos ás grandes cidades galegas.

Na cidade herculina, pola súa banda, é o Colexio Salesianos o que se leva a palma no que a abusos a menores se refire. Así, un testigo contaba, o pasado ano 2021, que o pai E. abusara de menores entre os anos 60 e 70, e que os alumnos logo contábanse o que viviran entre eles. Esta persoa denunciou tamén a outros dous salesianos do mesmo centro: M.V.R. e D.S. (de mote Whisky). Outro ex alumno denunciou os mesmos feitos entre finais dos anos 60 e o ano 1988, contando que o pai D.S. o tocara e o bicara a el e a outro neno cando foran confesarse. Esta vítima denunciou tamén a outros dous salesianos do centro: M.V.R. (coincidente co primeiro denunciante) e E. Así mesmo, unha testemuña fala de que tamén entre os anos 60 e 70 o pai M.V.R. era profesor de física e aproveitaba para tocar aos nenos do colexio. Denuncia tamén aos xa famosos E. e D.S. E, dentro da propia institución, os salesianos investigan outro caso de abusos por parte de J.V.P. (P. polo seu mote) entre os anos 1990 e 2002, que tería abusado de polo menos tres mulleres. O 2021, como pode verse, deu para moitos escándalos neste colexio relixioso coruñés.

Unha das vítimas do pai Whisky relataba ao diario El País como abusara del e doutros nenos cando tiñan entre 8 e 9 anos. “Recordo que era un profesor corpulento e que lle faltaban dous dedos da man. Un día, durante a hora de estudo, pediunos a un compañeiro e a min que fósemos a axudarlle cos monaguillos. Durante a celebración da misa non se bebeu o viño e, cando acabamos, díxonos na sacristía que nolo bebéramos nós. Díxome: ‘Fixéchedelo moi ben, achégate e méteme a man na sotana para coller un caramelo’. Eu fíxeno e o que lle toquei non foi un caramelo. Xa te podes imaxinar o que era. Foi repugnante”, contaba, asegurando que ninguén no colexio se atrevía a denuncialo.
No quiosco do centro, outro neno rematou por converterse na súa nova vítima: “Arrimeime para mirar no interior da barra e atopeime con que o pai D.S. estaba agachado laméndolle as pernas“, recorda esta vítima, que sostén que na Coruña todo o mundo o sabía. “Fomos centos de vítimas e dixéronme que tempo despois o trasladaron a Cambados”.

Se queres coñecer os casos ocorridos noutros colexios coruñeses como o de Fillas de Xesús podes ler o artigo completo en https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/246483-19n–abusos-curas-lugo-ourense-aproveitaba-pantalon-curto-facia-calor-tocarche-xenitais.

ÚLTIMAS

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Atopan mortas en menos de media hora a dúas persoas de idade avanzada na Coruña

Dúas persoas de idade avanzada foron localizadas mortas nos seus domicilios en menos de...

Dous detidos na desarticulación dun punto de venda de cocaína e haxix nun piso de Arteixo

Dúas persoas foron detidas na desarticulación por parte da Garda Civil dun punto de...

Enrique Tenreiro, o escultor que pintou na tumba de Franco, abandona o seu peche no escaparate da rúa San Andrés

O escultor coruñés Enrique Tenreiro, que pintou en outubro de 2018 unha pomba na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here