InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOAs persoas privadas de liberdade do CIS apadriñan e coidan o areal...

As persoas privadas de liberdade do CIS apadriñan e coidan o areal da Torre

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A praia do Areal, como din os entendidos, ou a praia das Lapas como se coñece a día de hoxe, xa ten os seus salvadores. Son as persoas privadas de liberdade do Centro de Inserción Social da Coruña que participan, da man do colectivo Mar de Fábula, no proxecto “Entre Crebas, Coidando a praia das Lapas”. Facendo un paralelismo co proxecto “Entre Patios”, esta colaboración pretende formar ás persoas residentes do CIS en materia medio ambiental, respecto ao entorno e responsabilidade no coidado do mesmo.

O proxecto arrincaba o pasado luns 20 cunha primeira limpeza, e unha vez ao mes, persoal do CIS e de Mar de Fábula acompañarán ás persoas participantes para coidar este areal ubicado entre o Centro de Inserción Social e a Torre.

Ademais da intención social do proxecto, a vertente científica tamén é importante, porque permitirá “facer o seguemento e análise, con frecuencia mensual, do lixo mariño que o mar nos devolve na praia das Lapas, esa pequena porta aberta ao océano que nos achega, nas súas liñas de marea, unha ampla mostra de todos os refugallos que veñen dese grande supermercado do lixo que temos feito do mar”, explica Xosé Manuel Ramos, alma da entidade medioambiental..

Menuda sorpresa levaron as 12 persoas do CIS ao avaliar todo o lixo mariño recollido en apenas 2 horas de traballo, decatándose de que o areal non estaba tan limpo como parecía a primeira vista. Case 40 kg de lixo recolleron entre plásticos (bolsas, botellas, tapóns, embalaxes, palillos das bateas do mexillón…), gomas (restos de roupa, aparellos de pesca (cordas), cabichas, madeira, latas, vidro, bastonciños de algodón…

Unha marea de lixo que non volverá ao noso mar gracias ao proxecto Entre Crebas.

Novas relacionadas

As mesas feitas en Teixeiro humanizan os patios escolares

De prisión, a activistas contra o lixo plástico

ÚLTIMAS

Román Rodríguez pide “transparencia e responsabilidade” á UDC na súa xestión económica

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, pide "transparencia e responsabilidade"...

Convocada folga na hostalaría na provincia da Coruña o día da eclipse

CIG, CCOO e UGT denunciaron a "situación de bloqueo" da negociación do convenio colectivo...

Música, raíces e tradición na Romaría de Santa Margarida

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este mércores unha nova edición da Romaría...

Reflota o corpo da balea varada en Sabón

O corpo da balea que apareceu varada o luns na praia de Sabón, en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here