InicioCULTURAManuel Monge destaba a historia secuestrada de Juan Carlos I no seu...

Manuel Monge destaba a historia secuestrada de Juan Carlos I no seu novo libro

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

”Usted debería saber. La historia secuestrada de la monarquía. 90 años con Franco” é o título do novo libro que Manuel Monge vai publicar en 2026, na colección Endovelia de Edicións Laiovento. O histórico politico, sociólogo, ensaísta e activista pola memoria histórica revela a historia, que se nos quere ocultar sobre a monarquía española, tomando como referencia a propia confesión do rei Juan Carlos I nas súas memorias.

Concibido cunha urxencia democrática, especialmente ante o descoñecemento histórico na sociedade e, sobre todo, na mocidade, o libro eríxese como un manual para comprender as claves dun presente político marcado polo auxe da dereita. Manuel Monge ofrece unha análise rigorosa, unha ferramenta de combate intelectual, necesaria e urxente, para comprender as claves dun pasado que se nega a desaparecer e que segue determinando o noso futuro. É un texto valente e necesario que interpela directamente ao lector e entrégalle argumentos para defender a democracia das súas propios pantasmas.

“E se os restos do franquismo continúan en 2026?”

O libro parte dunha premisa: “E se os restos do franquismo continúan en 2026?”. Lonxe de ser unha análise académica distante, a obra defínese como un «panfleto pedagóxico», unha ferramenta de intervención cívica forxada desde a experiencia persoal do autor como vítima da ditadura.

Monge sostén unha tese tan contundente como documentada: vivimos nunha democracia, con limitacións, pero en 2026 cumpriranse «90 anos con Franco». Para demostralo, o libro non busca arquivos inéditos, senón que se mergulla na fonte máis reveladora e insospeitada: as memorias de Juan Carlos I, tituladas Reconciliación. A través dun minucioso exercicio de revisionismo, Monge utiliza as propias palabras do rei emérito para desmantelar o mito fundacional da democracia española e expoñer a continuidade de restos dun sistema que, en palabras de Franco, foi deseñado para que todo quedase «atado e ben atado para o futuro».

O libro sitúa a figura de Juan Carlos Borbón non como o motor do cambio, senón como o piar fundamental dunha monarquía herdeira do franquismo. Monge presenta ao rei como un sucesor designado polo ditador, non elixido democraticamente, que profesaba a Franco un profundo «afecto e admiración». É o propio rei quen proporciona a proba de cargo definitiva cunha pregunta retórica demoledora que vertebra todo o ensaio: “Por que mentir se foi el [Franco] quen me converteu en rei?”.

A obra documenta a conexión persoal e ideolóxica entre ambos, a corrupción como unha práctica sistémica que conecta o réxime co reinado e, nunha das súas acusacións máis graves, cuestiona o papel oficial do monarca durante o golpe de estado do 23-F, lembrando que o propio rei manifestou simpatía polos golpistas. Deste xeito, “Usted debería saber” non é só unha biografía crítica, senón a autopsia dunha lexitimidade construída sobre o silencio e a manipulación, demostrando como a inviolabilidade constitucional ha servido para blindar á institución de calquera rendición de contas.

Pero a análise de Monge non se detén na figura de Juan Carlos Borbón; transcende á institución para sinalar as estruturas de poder que garanten a súa pervivencia. O libro traza unha liña directa entre o franquismo –o congreso fundacional de AP, despois PP, en marzo de 1977, acababa cos congresistas en pé gritando Franco Franco– e as principais formacións da dereita española, ás que describe como herdeiras ideolóxicas dun sistema que nunca foi depurado. A crítica esténdese a un poder xudicial cuxa independencia é posta #en cuestión, baixo o provocador epígrafe «A xustiza non é inocente».

Máis novas

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

 

Manuel Monge: “O importante é saber a quen serve Feijóo e os pasos que foi dando para defender os ricos”

ÚLTIMAS

A folga do comercio téxtil en Coruña planta cara ao convenio estatal que “recorta dereitos”

Traballadoras e traballadores do sector do comercio téxtil na provincia da Coruña mobilizáronse este...

Xa abríu as portas o Mercado de Monte Alto

Chegou o día. Despois de case 3 anos de exilio na potente carpa provisional instalada...

Segundo día de folga na Atención Primaria

Xa nos explicaba Afonso C.G. a semana pasada as chaves da folga Atención Primaria....

Refaat Alathamna e Mohamed Safa recollen este xoves, nun acto aberto na ONCE, o Recoñecemento da Rede Acampa

Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio fará entrega este xoves 11 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here