InicioBARRIOSLuís Bolón explica a gaita e a zanfona á veciñanza da Agra

Luís Bolón explica a gaita e a zanfona á veciñanza da Agra

Publicada o

Por editor

Este venres, 1 de decembro ás 20:15 h. terá lugar no local da Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “AGRA” (rúa Entrepenas 38) a charla musical “A gaita e a zanfona como acompañamento ó canto” de Luís Bolón, que fará un percorrido por diferentes casos na tradición galega onde instrumentos de vento e corda acompañan á voz. Como exemplo, acompañando á interpretración ao vivo, poderanse escoitar rexistros sonoros de recollidas, que serán comentadas e analizadas.

Luís Bolón naceu na Coruña en 1995. Aos oito anos comeza os estudos regrados de Gaita Galega que complementa con formación en frautas traveseiras, percusión, gaita e zanfona cos músicos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde. Tamén asistiu a cursos con Carlos Núñez, Dani Bellón, Cristian Silva, Luís Prego, Aleix Tobias, Xisco Feijoo, Carmen Rey, Efrén López. Posteriormente estuda no Conservatorio Superior de Vigo con Lorena Freijeiro, Iván Abal e Carlos Castro, onde acada o título superior en interpretación dos Instrumentos da Música Tradicional e Popular.

Levou a cabo diferentes concertos e recitais por todo o país e participou como músico solista coas Bandas de Música de Sada e Sementeira de Cambre. Realizou a composición e interpretación musical da banda sonora da obra teatral Bath time. Como docente impartiu aulas na A.C. Arume de Caión, Universidade de Vigo, EMM Abegondo. Actualmente é director artístico de Cántigas da Terra e mestre de instrumentos populares na Escola de Música Sementeira de Cambre, ademais forma parte do grupo Os Melidaos e do colectivo Cantometrics.

ÚLTIMAS

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

Este domingo as entidades culturais celebran a xuntanza campestre da Irmandade da fala

10 anos despois da primeira xuntanza campestre da Irmandade da fala da Coruña o...

Trasladada en ambulancia unha persoa rescatada inconsciente da auga na praia de Mera

Unha persoa tivo que ser trasladada este venres en ambulancia tras ser rescatada inconsciente...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here