InicioCULLEREDOA dragaxe da ría do Burgo rematará en abril de 2024

A dragaxe da ría do Burgo rematará en abril de 2024

Publicada o

Por editor

Nova visita institucional ás obras de rexeneradión da ría do Bugo. Esta mañá a subdelegada do goberno María Rivas acodúa xunto co alcalde de Culleredo José Ramón Rioboo, e co xefe da Demarcación de Costas de Galicia en funcións, Carlos Gil, para ver o avance da dragaxe.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica tivo que ampliar o prazo de execución das obras ata o mes de abril, por mor da valoración dos técnicos. “Esta ampliación permite concluír a obra con mellores garantías técnicas e, ademais, atende á petición do colectivo de mariscadores da ría que solicitaron adiar ata a primavera a semente de bivalvos para garantir que esta operación teña máis éxito”, explicaron.

Mariscadoras

Un dos asuntos máis preocupantes é a situación do sector marisqueiro. A subdelegada confirmou que os mariscadores seguirán percibindo ata a fin da obra as indemnizacións pola interrupción da súa actividade, de acordo co recollido no decreto
que regulaba estes pagos, sinalando que dos 37,5 millóns de todo o proxecto, 3,6 millóns destínanse ao pago de indemnizacións.

Ademais, o Ministerio tamén acordou, a pedimento do sector, a reintrodución na ría de catro variedades de bivalvos: a ameixa babosa, a ameixa fina, a ameixa xapónica e o berberecho.

A obra

Unha vez rematada a dragaxe dos materiais contaminantes, así como a recubrición total dos recintos, agora mesmo xa están traballar na urbanización dos recintos sur de Culleredo e Oleiros e coas infraestruturas que permitirán a conexión cos paseos da ría.

Tamén se está a levar a cabo a reposición dos fondos con achega de material “que permitirá unha mellor rexeneración dos bancos marisqueiros”, detallou. “E facémolo así porque este proxecto é un proxecto integral e isto quere dicir que é un proxecto que descontamina a ría e preserva a súa riqueza natural e a súa actividade económica, transformando o bordo litoral dos concellos e creando novos espazos verdes, facéndoos máis accesibles para a cidadanía”, sinalou Rivas.

Máis novas da ría do Burgo

Auxilian a unha escavadora na ría do Burgo tras quedar atrapada durante os traballos de saneamento

Mar velará por unha sementeira na ría do Burgo que cumpra as demandas da confraría e por manter as axudas

Así era a ría do Burgo hai máis de 2.000 anos nunha noite con superlúa de sangue

 

ÚLTIMAS

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here