InicioBARRIOSAs Asociacións trasladan ás administracións a mobilidade que queren

As Asociacións trasladan ás administracións a mobilidade que queren

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta pasada tarde de lunes 11 de decembro celebrouse no Centro Cívico da Cidade Vella unha reunión organizada pola Federación de Asociacións Veciñais sobre o futuro da mobilidade da cidade.

Gran expectación entre a veciñanza para esta xornada que levaba por título, “O futuro da Mobilidade: sostibilidade e transporte público. Que necesita a cidadanía?’, polo que a presidenta da entidade organizadora Luisa Varela Insua se comprometeu a retomala para poder escoitar ás entidades.

Estiveron presentes a subdelegada do goberno María Rivas, a alcaldesa Inés Rey, e o director da Compañía de Tranvías, Ignacio Prada.

María Rivas e Luisa Varela Xuntanza de Mobilidade coas asociacions da Coruna
María Rivas e Luisa Varela Xuntanza de Mobilidade coas asociacions da Coruna

Foi unha “xornada moi interesante, pero nos quedou algo curta sobre todo en relación ao transporte público”, explicounos Varela. Porque “é un tema moi controvertido na cidade e este 2024 é importante unha vez que remata a concesión a Tranvías da Coruña, e temos un ano para deseñar, dacordo con todas as asociacións veciñais, un modelo transporte público colectivo”.

Por iso, e se ben valora que hai boa sintonía e sente que as administracións parecen escoitar as demandas da veciñanza, quedaron en volver facer unha reunión para xaneiro, para que sexan as asociacións ás que expoñan as súas peticións.

Varela apunta as liñas principais sobre as que traballar cara unha “mobilidade sostible, sempre priorizando ao peatón, e quitándolle importancia ao coche privado. Non estamos en contra do coche privado, pero non dentro da cidade. Se hai un transporte público colectivo adecuado e que sexa efectivo, utilizarase menos o coche privado, témolo claro”, explicou.
Puxo en valor a revolución da bicicleta e dos Vehículos de Mobilidade Persoal (os patinetes eléctricos coñecidos tamén como VMP), pero pediu un “regulamento máis incisivo”.

Sobre o sistema de transporte colectivo, sinala varios camiños: “ten que cambiar a mentalidade dos usuarios, dos veciños. Non podemos ter paradas de bus á carta. O transporte público colectivo non te vai levar á porta de casa, pero hai que entender que tamén temos que andar”, explicou Luisa. Porén, o servizo ten que ofrecer “máis frecuencias, e qu eo tempo de espera do bus sexa máis curto”, e sinalou como prioridade “darlle mobilidade aos polígonos, unha pata quebrada dende hai moito tempo”.

Zona de baixas emisións

Na súa intervención, a subdelegada do goberno María Rivas quixo poñer en valor o compromiso do Goberno polo desenvolvemento sostible do transporte público e o benestar da veciñanza, que se traduce nos 20 millóns de euros concedidos polo Ministerio de Transporte á cidade da Coruña para o impulso á mobilidade sostible.Esta inversión se centra no desenvolvemento de diferentes actuacións que contemplan a aceleración da implantación de Zona de Baixas Emisións, a compra de bicicletas eléctricas para mellorar e ampliar o servizo de BiciCoruña, melloras na xestión do tráfico e en distintas rúas da cidade e a accesibilidade dos barrios.

Rivas lembrou que o anteproxecto da ‘Lei de Mobilidade Sostible’, enmarcada dentro dos obxectivos do Plan de Recuperación Transformación e Resilencia, está en fase de tramitación, e que ten como eixes principais “a sostibilidade, a dixitalización e a cohesión social e territorial”. “En definitiva, trátase de ver a mobilidade como un dereito social; que sexa limpa, saudable; moderna, innovadora e dixitalizada; e que
redunde nun mellor servizo para a cidadanía mellorando a súa calidade de vida” expresou Rivas.

BiciCoruña e bus urbano

Por parte do Concello, participou cun relatorio da concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa, que focalizou o esforzo municipal no exemplo a renovación do servizo público de BiciCoruña, con 55 estacións proxectadas que se ampliarán a 90 neste novo mandato. Pero tamen falou do autobús, e a súa aposta polos descontos no “prezo do billete sendo hoxe o máis barato da súa historia”, a pesar da falta de axudas doutras administracións.

Así e todo, A subdelegada do goberno lembrou o Goberno central transferiu 11.609.205,37 euros nos últimos tres anos para financiar os servizos de transporte público urbano.

ÚLTIMAS

Somnia, un thriller en galego feito polas novas xeracións do audiovisual coruñés

”Somnia” fala obsesión, de perder o norte cando a vida non é a que...

Amancio Ortega cobra a metade dos beneficios de Inditex, 1.422,5 millóns

O fundador e primeiro accionista de Inditex, Amancio Ortega, ingresará este xoves, 2 de maio,...

A Filmoteca de Galicia inicia maio cunha retrospectiva sobre o cineasta xaponés Yasujiro Ozu na Coruña

A Filmoteca de Galicia iniciará a súa programación do mes de maio na sala José...

O PSOE coruñés denuncia ataques en redes ao secretario xeral das Xuventudes Socialistas

O secretario xeral do PSOE na provincia da Coruña, Bernardo Fernández, condenou os "ataques"...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here