InicioDEPORTESO novo récord da ultrafondista Maite Rojo: 222 quilómetros en 24 horas

O novo récord da ultrafondista Maite Rojo: 222 quilómetros en 24 horas

Publicada o

Por editor
A ultrafondista e  mariña de profesión Maite Rojo, colaboradora do Galicia Confidencial, non para de facer historia. Aos seus 50 anos acadou algo que é moi difícil conseguir, a mellor marca española da historia correndo 24 horas seguidos nesta carreira por riba dos 50 anos, 222 quilómetros.
Unha marca á que chega logo de correr outras dúas esixentes carreiras neste mesmo ano, a UltraArdeche en maio (222 Km cun desnivel de  + 4000), onde quedou de 8ª na xeral, 4ª absoluta feminina e 1ª veterana, e O Camiño dos Faros (200 Km cun desnivel acumulado de + 5549) en agosto.
A malpicá, veciña da Coruña,  fixo 222 quilómetros durante as 24 horas da ultrafondo de Barcelona. A marca é de María Pérez, con 240 quilómetros.  Con todo, Maite Rojo acada unha marca española en corradoras de máis de 50 anos. O anterior record era de Eva Esnaola (218 Km no 2012), que Maite superou en 4 kilómetros. E como nos seus anteriores retos, neste novo desafío a malpicá contou co apoio incondicional do seu irmán Diego Rojo e de toda esa gran grupo unido que son os trasnos do Camiño dos Faros.

ÚLTIMAS

As razóns dos traballadoras da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Diana Varela presenta no Fórum a súa viaxe poética con “Serea e Ulises”

Despois da presentación realizada en maio na Agra do Orzán Diana Varela trae este...

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here