InicioECONOMÍAA compañía coruñesa Docuten firma con Canon para eliminar o papel da...

A compañía coruñesa Docuten firma con Canon para eliminar o papel da empresa

Publicada o

Por editor
“Eliminar o papel de todo tipo de organizacións” e “acelerar a transición dixital da empresa” son os obxetivos principais do novo acordo asinado por Canon España e a compañía herculina Docuten. A empresa de firma dixital e facturación electrónica chega a un acordo coa multinacional Canon para “facilitar a adopción da nova Lei Crea e Crece”, que fará obrigatorio este tipo de facturación a empresas e autónomos, equiparando a súa situación co que xa sucede no ámbito da Administración Pública.
“Este proxecto de colaboración xunto a Docuten está aliñado coa nosa visión estratéxica a longo prazo e supón unha gran oportunidade para contribuír xuntos a facilitar a transición de compañías de todo tipo cara á factura electrónica, tanto na súa emisión como na súa recepción. Isto é algo no que ambas empresas levamos tempo traballando e agora poderemos incrementar o noso alcance e efectividade traballando xuntas”, conclúe Eva Sánchez-Caballero, Head of Solutions en Canon.

 

Brais Mendez Docuten
Brais Méndez, CEO de Docuten

Pola súa parte, Brais Méndez, CEO de Docuten, destaca que este acordo de colaboración con Canon “supón unha gran oportunidade para acelerar a transición dixital de moitas empresas, ao poñer á súa disposición ferramentas e servizos de eficacia comprobada que ofrecen múltiples posibilidades, caracterizadas pola máxima seguridade e garantía no seu funcionamento”.

 

ÚLTIMAS

As flores de Ángeles contra o “abandono municipal” na Pescaría

Ángeles ten 95 anos e vive na rúa Orzán, ao carón da Praza do...

A inxustiza, o relato, e a xentrificación poden levar por diante o mellor momento do Deportivo

Teño 51 anos e son o son o socio número 1423 do Deportivo. Levo...

Esta noite de domingo comezan as obras nocturnas de mellora do firme da rúa Juan Flórez

Esta mañá de luns, comezan as obras entre a Praza de Pontevedra e a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here