InicioA CORUÑAO pleno da Coruña aproba de forma definitiva o orzamento de 2024

O pleno da Coruña aproba de forma definitiva o orzamento de 2024

Publicada o

Por europapress

O pleno da Coruña aprobou, de forma definitiva, o orzamento para 2024, que ascende a 375 millóns e que entrará en vigor o próximo 1 de xaneiro. Un documento necesario para desenvolver a vida municipal despois que o ano pasado se prorrogasen as contas de 2022, o que foi recoñecido como un erro por parte do goberno.

Foi co respaldo de PSOE e BNG, tras o acordo e as negociacións para estas contas e con críticas desde as filas do PP. “Non son uns orzamentos que estean á altura da cidade”, asegurou o portavoz do grupo municipal popular, Miguel Lorenzo, que presentara unha serie de enmendas a semana pasada ao documento.

Antes, desde as filas socialistas, o portavoz do goberno local, José Manuel Lage Tuñas, asegurou, no punto relativo á aprobación das ordenanzas fiscais e destas contas, que son o “maior orzamento da historia” e destacou que está “pensado para as persoas” e co obxectivo de ser “un escudo social”.

BNG e a Sinfónica

Á súa vez, o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera, destacou o incremento nun 20 por cento respecto dos últimos orzamentos e tamén o feito de que estean pensados “nos barrios e na dinamización económica”. A máis relevante das melloras, para o BNG “é o incremento da dotación ao Consorcio para a Promoción da Música en 250.000 euros a respecto das previsións iniciais”. O voceiro do BNG non perdeu a oportunidade de lembrar que “a atención ás necesidades da Orquestra Sinfónica tamén incumbe á Xunta de Galiza”, de aí que o portavoz nacionalista instou a Xunta “a saldar a débeda contraída co Consorcio”.

A Conta Xeral de 2022 amosa carencias

O pleno serviu para aprobar tamén a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2022.

A Conta contou co apoio do BNG, que aínda así deslizou críticas á xestión do Goberno Local, censuras que tamén aparecen no Informe da Tesourería Xeral e que teñen a ver con que “o Concello continúa a carecer dun Inventario de Bens”, circunstancia que provoca que “o Balance de Situación non reflicte a imaxe fiel da entidade no seu aspecto patrimonial”.

Alén diso, segundo o BNG “o informe dá conta dun dato preocupante, o de que, por vez primeira desde 2017, se produce unha situación de desequilibrio patrimonial e financeiro, sendo que os recursos permanentes non financian a totalidade da actividade ordinaria, polo que o fondo de manobra real é negativo en máis de 12 millóns de euros”. Un feito que marcaría “unha evolución negativa desde 2020”.

“Preocupante” é tamén para o BNG que “o remanente de tesouraría para gastos xerais sexa o menor dos últimos anos, do mesmo xeito que o aforro neto e, coa única excepción de 2019, os indicadores de liquidez inmediata e de solvencia”.

Outras cousas

Na sesión plenaria, deuse tamén luz verde unha addenda ao convenio interadministrativo polas obras na estación intermodal, que suporá unha ampliación do aparcadoiro subterráneo, que pasa de 350 a 575 prazas.

Ademais, hoxe ratificouse de forma definitiva a constitución da sociedade xestora da Cidade do TIC, unha entidade 100% pública participada polo Concello e a UDC a un 51 e 49%, respectivamente.

Máis novas plenarias

Critican o baixo nivel de execución dos Orzamentos municipais

As obras dos barrios nas que o Concello investirá 93 millóns de euros

As alegacións do PP ás ordenanzas e os orzamentos municipais para cancelar todas as subidas de impostos

ÚLTIMAS

O BNG esixe a Rueda solucións para as familias “estafadas” en Xuxán e a Xunta di que é un problema do ICO

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denunciou "anuncios fraudulentos e enganosos" da Xunta en...

Buscan a un home de 92 anos desaparecido en Oleiros

Servizos de emerxencias e veciños do municipio coruñés de Oleiros buscan desde este luns...

A Escola Infantil Luís Seoane homenaxea a Rosa e Adolfina cun mural

Estreo novo mural da Escola Infantil Municipal Luís Seoane, unha obra da ilustradora Tania...

FAIA presentará ‘Alvela’ este xoves, 22 de maio, no espazo Normal da Coruña

FAIA presentará ao vivo Alvela, o seu novo disco, este xoves, 22 de maio...