InicioPOLÍTICA18F- Podemos presentarase finalmente en solitario ás eleccións galegas

18F- Podemos presentarase finalmente en solitario ás eleccións galegas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Novo xiro na esquerda galega. A pesar do anuncio desta mesma semana de que Podemos e Sumar concorrerían xuntos ás Eleccións Autonómicas do 18 de febreiro de 2024, Podemos irá ás eleccións galegas en solitario. Ou iso parece se se ten en conta o resultado da votación dos seus inscritos realizada este pasado 30 de decembro.

A cousa viña, e mantén, unha marea de incerteza que provoca bastante desazón no electorado da esquerda progresista galega que segue vendo no BNG unha baza excesivamente sectaria. E esa incerteza é constantemente ratificada polas idas e vidas dos propios representantes dos diferentes partidos que conforman esa ala do espectro político.

Por un lado a dirección de Madrid non apoiaba o acordo con Sumar asinado pola dirección galega; mentres Pablo Iglesias, fundador de Podemos, reclamaba que non se presentaran e pedía o voto para o BNG. Pola outra banda, outro dos fundadores, Juan Carlos Monedero, apostaba polo contrario, que foran en coalición con Sumar.

Pero, ao final, falaron os inscritos, que é o poder supremo do “morados”,  e dixeron “non” ao acordo de Sumar por unha importante maioría, máis do 62%.

A votación incluía tamén que candidatura irá ás eleccións e ó o 41% dos inscritos votou pola lista “oficialista”, a de “Transformar Galicia”, que encabeza a ex edil da Coruña Isabel Faraldo, (recibiu 2513 votos) fronte a un 34% que apostou pola “non oficialista”, a de Rexurdir Galicia. No medio, case 24% que votaron en branco, 595 persoas.

Faraldo competirá ao Marta Lois, candidata de Sumar, por recibir ese voto progresista non tan nacionalista, coa sombra das eleccións municipais, onde en cidades como a nosa, a falta de entendemento entre Por Coruña (formada por Podemos, EU e Alianza Verde) e a Marea Atlántica, provocou que ambas forzas quedasen fóra do pleno malia contar con máis de 4.000 votos cada unha.

Máis novas

18F.- Así é o preacordo de Sumar e Podemos para ir xuntas ás eleccións galegas

18F – Marta Lois, candidata á presidencia da Xunta por Sumar Galicia, que aglutina tamén a Podemos e EU

ÚLTIMAS

A coruñesa Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024

A coruñesa Bea Lema vén de recibir a nova de que é a gañadora...

Tres homes detidos poal Policía Local esta fin de semana por sendos casos de violencia machista

Fin de semana terrible na cidade, con tres intervencións da Policía Local por sendos...

A Valedora do Pobo descrube o desleixo das administracións na protección dos Murais de Lugrís

A Valedora do Pobo vén de entregar ó Presidente do Parlamento de Galicia o...

A Escola da Bici comeza o novo curso

O auxe da presenza do carril bici na cidade (no 2019 había 23 quilómetros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here