InicioCULTURAComeza o arrecendo a Entroido pola Coruña coa apertura de praza de...

Comeza o arrecendo a Entroido pola Coruña coa apertura de praza de inscrición aos concursos

Publicada o

Por editor

A apertura do prazo de inscrición para os concursos de comparsas, carrozas e choqueiros serve de pistoletazo de saída para o Entroido da Coruña 2024.
As bases para participar nos certames de comparsas, carrozas e choqueiros xa están
dispoñibles na páxina web municipal para as persoas interesadas.

Uns certames que repartirán máis de 30 premios en total, cun importe máximo de 20.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes de participación, no caso dos concursos de comparsas e carrozas, é de dez días naturais, que se contarán a partir deste sábado 13 de xaneiro. Para o de comparsas teñen que ser máis de 10 persoas e terán que enviar un correo a entroido.imce@coruna.es, ou presentarse nas oficinas do IMCE (Avenida da Mariña, 18).

O concurso resolverase nun festival que se realizará a primeira fin de semana de febreiro e será anunciado nas vindeiras semanas. O venres 9 (21.00 horas), a comparsa gañadora terá que interpretar dúas cancións do concurso no acto de entronización do Deus Momo que terá lugar no Obelisco.

No caso do concurso de carrozas, que participarán o sábado 10 de febreiro a partir das 17.30 horas. no desfile que percorrerá o Cantón Pequeno, ata a praza de María Pita, terá un mínimo de cinco premios.

No caso do concurso infantil de disfraces de Entroido, poderanse presentar todas as nenas e nenos que se inscriban o mesmo día da celebración (martes 13 de febreiro, desde as 17.00 horas, no Campo da Leña).

O concurso de choqueiros da rúa da Torre
Por último, tamén se publicaron as bases para participar no tradicional concurso de choqueiras e choqueiros, que se abrirá o mesmo día da celebración (martes 13 de febreiro, de 19.00 a 20.00 horas), no acceso principal á Escola Municipal de Música (Rúa da Torre, 67).

ÚLTIMAS

Yolanda Díaz anuncia que visitará A Coruña para promover a redución da xornada laboral

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, puxo o foco en acometer canto antes a...

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Atopan mortas en menos de media hora a dúas persoas de idade avanzada na Coruña

Dúas persoas de idade avanzada foron localizadas mortas nos seus domicilios en menos de...

Dous detidos na desarticulación dun punto de venda de cocaína e haxix nun piso de Arteixo

Dúas persoas foron detidas na desarticulación por parte da Garda Civil dun punto de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here