InicioPOLÍTICADiego Calvo encabeza a renovada lista do PP na provincia da Coruña

Diego Calvo encabeza a renovada lista do PP na provincia da Coruña

Publicada o

Por editor

O coruñés Diego Calvo encabezará a lista coa que Partido Popular da provincia da Coruña concorrerá ás eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo 18 de febreiro. Calvo será o número un dunha candidatura que renova os seus integrantes nun 59% respecto á anterior cita coas urnas galegas.

En concreto, os populares presentan 17 caras novas nunha lista composta por 29 persoas -25 titulares e 4 suplentes-, das que 15 son homes e 14 son mulleres, que representan todos os ámbitos e sectores da sociedade galega.

Ademais de Diego Calvo como número un e da secretaria xeral de PPdeG, Paula Prado como número dous, a lista dos populares na provincia da Coruña está composta tamén por rostros coñecidos do goberno autonómico de Alfonso Rueda como Ánxeles Vázquez, Ethel Vázquez, Fabiola García, Miguel Corgos, María Jesús Lorenzana, Martina Aneiros e Borja Verea.

“Un auténtico equipazo”. Así definiu Diego Calvo unha lista que, ao seu xuízo, mestura “a experiencia de persoas que estiveron no Goberno Autonómico nos últimos anos con outras que chegan con ganas de sumar diferentes puntos de vista e que representan á maioría dos galegos”.

Lista completa do PP pola Provincia da Coruña

1. Diego Calvo Pouso
2. Paula Prado
3. Ánxeles Vázquez
4. Martina Aneiros
5. Borja Verea
6. Ethel Vázquez
7. Fabiola García
8. Miguel Corgos
9. María Jesús Lorenzana
10. Gonzalo Trenor
11. Roberto Rodríguez
12. Carmen Pomar
13. Rubén Lorenzo
14. Paula Mouzo
15. Luis Teira
16. Cecilia Vázquez
17. Ángel Rodríguez
18. Pablo Prieto
19. Jesús María Fernández
20. María Magdalena Pérez
21. Nazareth Cendán
22. Jesús Picallo
23. Daniel A. Remuiñal
24. David Neira
25. Sandra Vilela
Suplente 1 María José Carreira
Suplente 2 Rogelio Lema
Suplente 3 Noelia Santos
Suplente 4 Fernando Vilaboy

ÚLTIMAS

A Plataforma polo Dereito á Vivenda comeza unha campaña no barrio con maior densidade de poboación de Galicia

O barrio da Agra do Orzán, o barrio de maior densidade de poboación en...

O Consello da Memoria Democrática propón aplicar o informe José Cornide tras 5 anos no caixón

Pasaron 9 meses dende a última sesión, pero este martes 24 de febreiro volveu...

O xuízo polo apuñalamento mortal na Coruña de Yoel Quispe comezará o 1 de xuño na Audiencia Provincial

O xuízo polo apuñalamento mortal do mozo Yoel Quispe, na Noiteboa de 2023 na...

O Real Club Deportivo xa ten un Museo que percorre os 120 anos da súa historia

Ficou inaugurada a Casa do Deportivismo. O Real Club Deportivo da Coruña estreaba este...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here