InicioBARRIOSPresentan na Agra do Orzán un proxecto de vivendas colaborativas e centro...

Presentan na Agra do Orzán un proxecto de vivendas colaborativas e centro autoxestionado de coidados na vellez

Publicada o

Por editor

Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20 h. o local veciñal da Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “AGRA” (rúa Entrepenas 38 soto), acolle a visita da profesora Nieves Rodríguez Brisaboa. A presidenta da asociación LarLilás explicará os obxectivos e ideario desta asociación que impulsa un proxecto de vivendas colaborativas e centro autoxestionado de coidados na vellez.

Nieves Rodríguez Brisaboa é profesora da Universidade da Coruña, catedrática en Linguaxes e Sistemas Informáticos. Foi recoñecida co Premio Nacional de Informática.
A herculiina preside LarLilás, unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é desenvolver “un proxecto de creación dunha comunidade cun modelo de atención integral e coidados centrado nas persoas, que poda garantir un final da vida en condicións de dignidade”.

Concibida como unha alternativa aos modelos actuais de residencias e vida en soidade non desexada, LarLilás é un “proxecto autoxestionado que amplía a liña do cohousing coa atención e coidado en casos de dependencia e enfermidade”, explican dende o proxecto. “Trátase dunha nova estratexia para afrontar a vellez e os coidados á dependencia, que combina dignidade e autonomía de vivir na propia casa cun modelo de convivencia solidaria e unha filosofía de envellecemento activo”.

ÚLTIMAS

As chaves tamén repican na Coruña

Tamén repicaron os chaveiros na Coruña. As mobilizacións pola vivenda impulsadas tralo desafiuzamento de...

Taller Recyclos: O sorriso de Moha vai a dúas rodas

O sorriso co que Mohamed saía do antigo edificio de Padre Rubinos vale ouro....

O Encontro Galego de Ilustración enche A Coruña de creatividade

Un ano máis, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), celebra o Encontro...

O Mural solicita reunións coa Xunta, Concello e Deputación ante a falta de accións para conservar os Murais de Lugrís

Cando os servizos meteorolóxicos anuncian o primeiro tren de borrascas, a asociación cultural O...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here