InicioPOLÍTICAO PSOE da Coruña ve a celebración da Conferencia Política na cidade...

O PSOE da Coruña ve a celebración da Conferencia Política na cidade como o compromiso de Pedro Sánchez con Galicia

Publicada o

Por monchomarino

O secretario provincial do PSOE da Coruña, Bernardo Fernández, considerou que a decisión do Partido Socialista de elixir a cidade de herculina para celebrar a súa Conferencia Política mostra o compromiso da formación e do seu presidente, Pedro Sánchez, con Galicia.

Así o manifestou nun comunicado remitido aos medios, no que sinala que este compromiso se manifestou, entre outras medidas, na aprobación do incremento das pensións, xa que “máis de 800.000 pensionistas galegos benefícianse da medida, pese ao voto en contra dos deputados galegos do PP”.

“Sempre se presentan como defensores dos intereses desta terra, pero á hora da verdade, os feitos non acompañan as súas palabras”, critica o socialista en referencia ao PP.

Fernández sinalou que a delegación dos socialistas da provincia na conferencia recolle o músculo que ten o partido nos concellos, con todas as alcaldías e deputacións que gobernan en Galicia. A lista de representantes provinciais inclúe diversos militantes de todas as comarcas, coa presenza de múltiples agrupacións locais.

Para o socialista, este músculo a nivel local que se mostrará na conferencia é froito do traballo incansable e do compromiso dos compañeiros e compañeiras socialistas cos seus veciños.

O secretario xeral provincial tamén puxo en valor a candidatura para as eleccións autonómicas presentada na provincia, composta por “compañeiros e compañeiras históricas” e tamén por 2novas caras que entenden que o PSOE é a única opción para garantir o futuro da cidadanía galega”.

Ademais, dixo que esta conferencia será unha ocasión para “pór en valor o labor que este partido fai en Galicia, e para recoñecer o que está a facer o Goberno do Estado, por exemplo, coa bonificación da AP-9”.

“O noso candidato, José Ramón Gómez Besteiro, fai un traballo incansable liderando a Comisión de Transportes para conseguir ese obxectivo común de todos os galegos e galegas, a gratuidade da AP-9”, finalizou.

ÚLTIMAS

O Pleno tamén aproba a Ordenanza para regular as Vivendas de Uso Turístico

Ademais do rexeitamento da proposta dos Orzamentos 2025 e a convocatoria por parte do...

O colectivo sanitario sae á rúa para esixir “un traballo seguro”

Continúa mobilizándose o colectivo sanitario da Coruña en apoio ao enfermeiro e garda agredidos...

Finalizada a instrución polo crime de Cabanas e decreta a apertura de xuízo oral

O Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol finalizou a instrución polo crime de...

Denuncian unha marea de pingueiras que asolagan o Hospital Marítimo de Oza “dende hai anos”

Persoal do Hospital Marítimo de Oza, dependente do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC),...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here