InicioSOCIEDADEDecretados servizos mínimos de entre o 50 e o 100 % polo...

Decretados servizos mínimos de entre o 50 e o 100 % polo paro da sanidade privada este mércores e o día 7

Publicada o

Por europapress

Consellería de Sanidade publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) os servizos mínimos decretados polos paros convocados para os días 24 de xaneiro e 7 de febreiro no ámbito da sanidade privada na provincia da Coruña e que estarán entre o 100 % e o 50 %, segundo as distintas áreas. Trátase do persoal incluído no ámbito de aplicación do convenio colectivo para os establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas desta provincia.

As organizacións sindicais CIG, UGT e CCOO comunicaron a convocatoria de folga, con paro parcial o día 24 de 10.00 a 12.00 horas, e o 7 de febreiro, en toda a xornada, aínda que o persoal que traballe en quendas comezará o día anterior ás 22.00 horas e 23.00 horas e terminará ás mesmas horas do propio día.

No persoal facultativo, os servizos mínimos serán do 100 por cen na actividade urxente: servizos de urxencias e gardas médicas, quirófanos urxentes para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxica inaprazable e sala de partos. O mesmo ocorrerá en unidades de reanimación, de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas e unidades coronarias, así como a área de diálese e de tratamentos oncolóxicos, como radioterapia e hospital de día.

Noutras, como a área de hospitalización, establécese o número necesario para garantir as visitas médicas ou as altas clínicas, mentres que no ámbito de consulta atenderanse as consideradas urxentes ou preferentes. Tamén os pacientes oncolóxicos que requiran tratatamento citostático e os desprazados polo mesmo motivo. Ademais, garantirase a realización de determinadas probas complementarias.

O mesmo ocorrerá no persoal sanitario non facultativo nas actividades urxentes e noutras áreas e co mesmo sistema para o persoal non sanitario. No seu caso, na área de hospitalización terá que haber un número de efectivos equivalanete ao dos domingos ou festivos, igual que ocorrerá en servizos como o de admisión ou arquivo ou mantemento. Noutros, como lavandaría será igual ou ata o 50 % dos efectivos da quenda.

ÚLTIMAS

O dianteiro do Dépor Zakaria Eddahchour segue en Observación tras caer ás rochas do paseo marítimo da Coruña

O xogador do R.C. Deportivo Zakaria Eddahchouri tivo que ser evacuado ao hospital tras...

Activada para este domingo a alerta por choivas na Coruña

Galicia estará este domingo en alerta por choivas en varios puntos das provincias da...

As Vítimas do Franquismo retoman a petición de eliminar as distincións a Manuel Fraga

Hoxe foi presentado en roda de prensa o manifesto da campaña "Non queremos a...

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

Mentres a cidade celebra os 25 anos do título de Liga, a mocidade estudantil...