InicioA CORUÑAA Coruña e Santiago crearán un grupo de traballo sobre vivenda para...

A Coruña e Santiago crearán un grupo de traballo sobre vivenda para reclamar a Xunta os fondos estatais para as Zonas Tensionadas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

As alcaldesas da Coruña, Inés Rey (PSOE), e de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín (BNG), mantiveron este venres unha reunión de traballo para compartir a experiencia das dúas cidades galegas declaradas como Zonas de Mercado Residencial Tensionado (ZMRT) e establecer liñas comúns de actuación en materia de vivenda.

Un dos principais asuntos abordados foi o destino dos 5,1 millóns de euros que o Estado transferirá á Xunta de Galicia vinculados á declaración da Coruña e Santiago como zonas tensionadas. As dúas alcaldesas acordaron reclamar ao Goberno galego a transferencia destes recursos aos dous concellos para contribuír á execución dos plans de medidas que acompañan as respectivas declaracións.
Acordaron tamén pedir ao Ministerio de Vivenda que garanta que os fondos cheguen á Coruña e Santiago e que se empreguen nos proxectos definidos polos propios concellos nos seus plans de medidas. Lanzaron tamén as súas mensaxes ao goberno autonómico, deixando claro que sacaron adiante todas as esixencias para a declaración de ZMRT “con moito traballo, a pesar de todos os paos nas rodas que puxo a Xunta”, apuntou Sanmartín, esixindo tamén da Xunta “máis transparencia e información sobre o mercado do alugueiro”.
As dúas alcaldesas fixeron especial fincapé na necesidade de que a Xunta desenvolva o tramo autonómico da Lei de Vivenda para que esta se poida aplicar en toda a súa extensión e acade o máximo beneficio para os cidadáns.

Ademais, as dúas rexedoras acordaron tamén constituír un grupo de traballo específico para vivenda, que avaliará a evolución das zonas tensionadas mais tamén outras temáticas como o das vivendas de uso turístico. Nesa cooperación entre concellos, as partes acordaron tamén que os respectivos edís de Urbanismo participen nas convocatorias das Mesas de Vivenda que faga cada un dos concellos.

Medidas

“Ser zona tensionada non é poñerlle unha etiqueta a unha cidade. Hai un diagnóstico, un plan de medidas e un traballo que os concellos temos que executar. A zona tensionada é unha ferramenta máis dentro dunha política de vivenda moito máis ampla”, explicou Rey.
Neste sentido, A Coruña e Santiago comparten liñas de actuación como a promoción de vivenda pública, a rehabilitación, a mobilización de solo e a regulación das vivendas de uso turístico para protexer o uso residencial.

No caso da Coruña, o Concello concedeu 3,5 millóns de euros para rehabilitar 240 vivendas en sete edificios, está reforzando EMVSA para a xestión do parque municipal de arredor de 500 vivendas públicas e ten en construción 50 novas vivendas municipais en Xuxán.
Ademais, cedeu gratuitamente á Xunta parcelas municipais nos Rosales, Pedro Fernández e Porticada para a construción doutras 99 vivendas públicas.

Máis novas

O PPdeG carga contra Inés Rey pola situación da vivenda na cidade

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

A Plataforma Polo Dereito á Vivenda presenta 28 novas denuncias contra pisos turísticos na Coruña

Ecos do Sur dá un paso á fronte na problemática da vivenda: “É fundamental acompañar aos máis vulnerables no proceso de adquisición dunha vivenda”

O BNG e o PP preguntan polas “famosas 20.000 vivendas baleiras” da cidade

A necesidade dun marco financieiro para seguir mantendo as 54 vivendas para persoas en risco de exclusión social na Coruña

ÚLTIMAS

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

Vioño e Abelleira lideran a 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña

A 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña, organizada pola Asociación Amigos do Mus...

A XGL destina 3 millóns de euros a mellorar a extinción de incendios e a executar orzamentos participativos

O Concello da Coruña aprobou este luns en Xunta de Goberno Local os trámites...

FAVA Coruña escolle á Fundación Salma e o Viñetas do Atlántico nos Premios COGAVE 2026

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana anuncia os galardoados dos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here