InicioBARRIOS10 días de programa de Entroido da Coruña

10 días de programa de Entroido da Coruña

Publicada o

Por editor

Arrincou este pasado sábado o Programa de Entroido da Coruña 2024. Fíxoo co concurso de comparsas celebrado no auditorio do Centro Sociocultural Ágora. As comparsas Malandrainas, Os Maracos, Monte Alto a 100, Amigos da Xoldra, Malandros e Pantaleón lanzaron as súas coplas sendo as dos Maracos (cos temas ‘O can o can’ e ‘Vaia pachanga!’) as escollidas para o primeiro premio. O segundo premio foi para Pantaleón, que interpretou ‘La jodienda de la vivienda’ e ‘Viaje con nosotros’; e o terceiro galardón levouno Monte Alto a 100, con ‘Yo no dimito’ e ‘Axuda, Inés’.

Pero o programa entroideiro segue con 10 xornadas de troula.

Programa festeiro

Son varias as citas claves para a vindeira semana, como o Xoves de Comadres, que estará dedicado á figura de Ángela Labaca, filántropa coruñesa que fundou a escola que hoxe leva o seu apelido en Juan Flórez. Desde alí sairá a comitiva a partir das 20.00 horas o xoves 8. Rematarán o percorrido na praza de María Pita, como é habitual.

Desfile de comparsas e carrozas, que se celebrará o sábado 10 e partirá ás 17:30h de San Andrés, A Mariña e rematará en María Pita, onde actuará Kumpania Algazarra ás 17.45 horas e, xa á noite, ás 21.30 horas. Esta banda conta con 20 anos de traxectoria, combinando no seu repertorio estilos como ska, funk ou ritmos latinos.

O domingo 11, haberá a partir das 12.00 horas no Teatro Colón unha actuación especial da Banda Municipal de Música, baixo o título ‘Unha Banda de Entroido’.

Carlangas y Los Cubatas actuarán o luns 12 a partir das 21.00 horas en María Pita.

O Gran Martes de Entroido

O Martes de Entroido, o 13 de febreiro, é o día grande, que incluirá á homenaxes e ofrendas florais a Cantero, Canzobre, Palau e César, ademais da colocación da placa de Choqueira do Ano, que este 2024 recae en Jesusa Cabeza García, ‘Susa’, na rúa de San Xosé a partir das 13.30 horas.
Xa pola tarde, celebraranse os tradicionais concursos infantís de disfraces e choqueiros no Campo da Leña a partir das 17.00 horas. Xa ás 20.00 horas comezará o concurso de choqueiros e choqueiras da rúa da Torre, onde actuarán ao finalizar Los Piñeiros.
De novo, o Circo de Artesáns acollerá durante todas as xornadas de Entroido o velorio da sardiña, ás 23.15 horas cada día. Tamén se proxectará todos os días no propio Circo de Artesáns o documental de Omar Rabuñal ‘Entroido Cascarilleiro: dende Elviña a Monte Alto’, a partir das 22.00 horas.

O Enterro da Sardiña comezará o mércores 14 ás 20.30 horas en San Andrés, rematando, como é tradición, en Santo Amaro. Pechará o Entroido coruñés unha ruada das comparsas do Cantón Pequeno á praza de Azcárraga o sábado 17 ás 13.00 horas.

Festas e obradoiros nos centros cívicos

O calendario de Entroido nos CCM da Coruña, para a rapazada de 4 a 12 anos. comezará o venres 9 de febreiro, coas primeiras festas infantís. Terán lugar en horario de tarde, nos centros cívicos da Cidade Vella, Palavea e Elviña (17.30 a 20.30 horas) así como no pavillón polideportivo municipal de Novo Mesoiro (19.00 a 22.00 horas).
Xa o sábado 10, as festas infantís de Entroido chegarán aos centros cívicos de Monte Alto, Monelos e Os Rosales (17.30 a 20.30); o domingo 11, aos centros cívicos dos Mallos e Labañou (16.30 a 19.30) e Eirís (17.30 a 20.30); e o luns 12, aos centros cívicos do Castrillón, Novoboandanza e San Diego (17.30 a 20.30).
A asistencia ás festas será de balde, sendo preciso formalizar inscrición previa no centro cívico de referencia. As entradas adxudicaranse por orde de inscrición ata completar capacidade.

Tamén hai pbradoiros para as crianzas nos centros cívicos, ademais do obradoiro creativo ‘Mascarada no Castelo’, que se celebrará o vindeiro sábado 10 de febreiro no Castelo de San Antón e está orientado a nenos e nenas de 6 a 12 anos (reservar praza no 981 189 850).

Actividades para a mocidade en Remanso e Metrosidero

A xuventude terá citas no seus espazos do Remanso e Metrosidero. A primeira delas será un obradoiro de maquillaxe para o entroido, que terá lugar os días 3 e 9 de febreiro nas naves de Metrosidero, en horario de 18.00 a 19.30 horas. No Remanso, o martes 6 haberá, de 18.00 a 21.00 horas, un obradoiro de maquillaxe de fantasía para persoas de 12 a 30 anos de idade. Por último, tamén haberá un taller de artesanía para o Entroido, os días 6 e 8, nas naves do Metrosidero.
As inscricións, de balde e ata completar capacidade, pódense formalizar nos propios espazos ou na páxina web de Mocidade do Concello da Coruña.

ÚLTIMAS

A fermosa colaboración entre CEEPR Lourdes e o CIPF Paseo das Pontes na formación profesional

O que fai o CEEPR Lourdes Aspronaga en materia de inclusión cos seus usuarios...

A Coruña á espera de informes sobre a posible declaración de mercado tensionado

Os concellos da Coruña e Santiago atópanse á espera de informes sobre a posible declaración das...

A Escola Municipal de Música xa cae a anacos

O persoal da Escola Municipal de Música da Coruña quere advertir que o pasado...

Un traballador perdeu a vida tras caer dunha altura de oito metros en Arteixo

Un traballador perdeu a vida tras caer dunha altura de oito metros no polígono...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here