InicioCAMBRE“Á Xunta non lle interesa a unitaria de Pravio”

“Á Xunta non lle interesa a unitaria de Pravio”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta semana as familias de Cambre lanzaban un SOS polo posible desmantelamento da Escola Unitaria de Pravio. Unha escolas rurais que representa a mellor cara do noso sistema de ensino público, eses espazos de convivenza que forman auténticas comunidades escolares, nas que nenos e nenas de 3 a 6 anos comparten espazo, o que enriquece aínda máis unha ensinanza que se articula arredor da natureza, o medio ambiente, o rural e un respecto total e absoluto polas necesidades individuais de cada alumno e alumna.

Pero dende logo non son unha prioridade para esta Xunta, que pechou a unitaria de Santa María de Vigo (2015), e despois a de Cecebre (2018).

A proposta de redución de ratios aprobada en xaneiro de cara aos vindeiros cursos (unha medida dende logo positiva para a merande parte dos centros de ensino público que permitirá que as aulas teñan menos alumnado) está a provocar unha situación de indefinición en escolas como a de Pravio, en Cambre.

A escola pasaría das 20 prazas actuais ás 12, polo que as familias non saben que facer, e xa algunhas que están descartando a súa matriculación de cara ao curso que vén.

Unha situación que lamenta o alcalde e presidente de Unión por Cambre, Óscar García Patiño, que denuncia que “a Xunta no escoite a Anpa do centro”, despois de manter unha xuntanza coas familias onte na propia escola, e de amosar o apoio do Concello ás demandas. “Á Xunta do Partido Popular non lle interesa o modelo educativo da unitaria de Pravio, proba de iso é que non responde ao escrito que as familias lle remitiron para pedir unha solución e evitar o peche ao que está condenada a escola unitaria e rural de Pravio”.

“Non interesan as escolas con proxectos educativos innovadores e diferentes, con proxectos onde conviven nenos de diferentes idades que se complementan, proxectos educativos que integran á toda a comunidade escolar e á veciñanza, nos que se aposta polo contacto co medio rural, polo xogo tradicional e polo medio ambiente. Un modelo educativo que está en auxe en moitos países europeos e que en Cambre ten grande aceptación vendo a lista de espera desde hai anos hai para este centro”, explica o alcalde.

Posibles solucións: máis profes e máis centros adscritos

A principal necesidade sería aumentar o profesorado para ampliar, ou manter, o número de prazas.

Ademais, na actualidade, a Unitaria de Pravio está adscrita unicamente ao CEIP Wenceslao Fernández Flórez. Segundo informa a ANPA, esta situación tamén está a afectar ao número de inscricións. Así, segundo explican, son moitas as familias que consideran ou mesmo descartan matricular aos seus fillos e fillas no colexio de Pravio xa que, ao rematar os seus estudos neste centro, poden non ter praza de Primaria no colexio máis próximo. Dende a ANPA reclaman aumentar a afiliación do centro, ampliándoo ao CEIP Emilio González López, ao Gonzalo Torrente Ballester e ao CEIP Juana de Veiga de Nós (situado a catro quilómetros).

Máis novas

Familias de Cambre piden máis docentes para unha Escola Unitaria de Pravio abocada a desaparición

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here